OS VELLOS OFICIOS

XERAIS - 9788475079745

Antropología Diccionarios de antropología

Sinopsis de OS VELLOS OFICIOS

O autor de Os vellos oficios, Xosé Vázquez Pintor (Agolada, 1956), é profesor de lingua e Literatura Galegas no ensino medio, ademais de creador e animador do grupo de teatro independente Ancoradouro e do teatro para maiores Casa da Bola, en Cangas. Como colaborador habitual en prensa e radio, hoxe mantén unha columna semanal nas páxinas de opinión e deportes de La Voz de Galicia. Poeta moi recoñecido obtivo importantes galardóns, como o Premio Cidade de Ourense en 1989 polo seu poemario Na vertical da noite, e o Premio Esquío, do mesmo ano, por No corazón mancado. Os vellos oficios é un libro que recupera a memoria de sete oficios tradicionais galegos e dá a palabra ós seus protagonistas: panadeiras de San Cristovo de Cea, atadeiras de Moaña, oleiros de Niñodaguia, albardeiros de Moraña, guarnicioneiros de Maceda, seitureiros de Allariz e tecedeiras de Vilariño do Río en Xunqueira de Ambía. Os vellos oficios, en cada un dos seus sete capítulos, recrea aqueles espacios que foron ou aínda son verdadeiras testemuñas dun labor singularizado e moitas veces identificativo coas propias raíces: o da comunicación entre a Terra e o Home, na que xorde un rico mundo de traballos, de hábitos e permanencias. O autor vincula os mitos á paisaxe, reiventando a muller e ó home de oficio, nunha singular asociación creativa, nunha xeografía correcta dentro do deseño que propiciou a historia para cada lugar. Vázquez Pintor, con singular mestría, reconstrúe a partir dos testemuños orais dos seus protagonistas, sete relatos-crónica do quefacer cotiá dalgúns dos oficios tradicionais a punto de desaparecer. O riquísimo labor de recuperación lexicográfica �recollido nun glosario de termos ó remate do volume�, a pormenorizada e moi coidada aportación fotográfica de cada un dos labores tradicionais �realizada por Luís Viñas�, así como a singular fasquía poético-narrativa de cada relato, fan deste volume unha aportación moi novidosa á recuperación da nosa memoria colectiva. Un libro singular, sen dúbida.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475079745

Número de páginas: 144

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/05/2001

Año de edición: 2000

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Vázquez Pintor


Xosé Vázquez Pintor naceu en Melide (A Coruña) o 30 de novembro de 1946 e reside en Cangas desde o ano 1972. É autor dunha extensa obra literaria que abrangue a narrativa, a poesía, o ensaio, o xornalismo e a literatura infantil e xuvenil. Foi fundador dos grupos de Teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola. No ámbito da narrativa publicou De ida e volta (1975), Lume de biqueira (Xerais, 1999), Quen faga voar (Premio Carvalho Calero, 2000), A memoria do boi (Xerais, 2001, Premio Torrente Ballester e Premio da Crítica Española), Mar de bronce (Xerais, 2003), Para dicir abril (Premio Cidade de Ourense, 2007), Máis vidas (2009) e Antípodas (Xerais, 2015). Como poeta destaca por Gándaras (1971), O espertar tamén é noso (1977), Ofidios de diario (Premio Eduardo Pondal, 1984), Na vertical da noite (Premio Cidade de Ourense, 1989), No corazón mancado (1989), Rotación violeta (1996), Banzados (2000) ou Seara (obra poética 1971-2011). Como autor teatral publicou, entre outros, A parroquia (finalista do Premio Abrente), A fraga encantada (1987), Sala de espera (1990), A sombra da memoria (1999), Teatro do patacón-Os pés do vento (2008). Como ensaísta destacan Os vellos oficios (Xerais, 1996), A tribo sabe (Xerais, 1999), Tal era vivir (Xerais, 2004) e A Terra do Medio (2009).
Descubre más sobre Xosé Vázquez Pintor
Recibe novedades de Xosé Vázquez Pintor directamente en tu email

Opiniones sobre OS VELLOS OFICIOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana