Escrito por Ana María Fernández y Xoan Babarro Gonzalez
Ana María Fernández Martínez nace en Palma (Illas Baleares) en 1949. Con 18 anos chega á Coruña, onde reside e desenvolve a súa vida laboral e familiar. Mestra e licenciada en Filosofía e Letras, é autora dunha ampla obra relacionada coa literatura infantil e xuvenil que abrangue os campos do teatro, a narrativa e outras obras do ámbito da aprendizaxe da lingua. Especializouse, sobre todo, na poesía, á que dedicou boa parte da produción. En 1977 recibe o premio O Facho de contos por Os amigos do cabaceiro. Máis tarde o seu poemario Amar e outros verbos foi galardoado co Premio Lazarillo (2001). Tamén é coautora, con Xoán Babarro, de varios títulos, entre os que figuran os premios O Barco de Vapor de 1985 (Primeiro libro con Malola) e 1989 (Barrigaverde e o dragón Achís). Outras obras súas en Editorial Galaxia son Marta ten a solución (2007), Versos da tarde laranxa (2016) e Incesante vagalume (2021).
Naceu en Calvelo (Zorelle - Maceda/Ourense) o 23 de decembro de 1947. Estudou Maxisterio e é licenciado en Filosofía e Letras. Ingresou no corpo de mestres por oposición en 1968. Traballou arreo pola introdución do galego na escola, e mais pola recuperación e defensa da lingua galega en Asturias, onde desenvolveu o labor docente ata 1971, data na que se trasladou a Galicia. É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2002. No 2008, foi nomeado socio de honra da Nova Escola Galega. Está casado coa escritora Ana María Fernández.