Sinopsis de DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINITA AS CANCIONS QUE LLES CANTABAN AOS CATIVOS
En DFW nas profundidades da tristeza infinita, Dans afronta un audaz reto dramatúrxico, entre o relato biográfico e o delirio posmoderno, baixo a etiqueta de ?non ficción?. Unha obra sobre o proceso creativo e as rivalidades literarias que explora os episodios que forxaron a amizade de dous dos máis grandes novelistas americanos contemporáneos: David Foster Wallace e Jonathan Franzen.
A acción d´As cancións que lles cantaban aos cativos (XXIV Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela) desenvólvese nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela durante a primavera do movemento 15-M, uns meses antes de que ETA anunciase, en outubro de 2011, o cesamento definitivo da actividade armada, e remóntase aos anos do terrorismo máis duro e dos GAL. Rosalía, unha presa de ETA que vén de saír da prisión despois de cumprir a súa condena, dá os primeiros pasos da súa nova vida en liberdade mentres Brais, cuxa nai o abandonou cando tiña dous anos, trata de descubrir o segredo que agacha a súa marcha.
Sob..
Ficha técnica
Editorial: Edicións Laiovento, S.L.
ISBN: 9788484875307
Idioma: Castellano
Número de páginas: 252
Tiempo de lectura:
5h 58m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/06/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: Santiago de Compostela -
Colección:
Teatro
Teatro
Número: 398
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 1.6 cm
Peso: 330.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por RAUL DANS
Raúl Dans (A Coruña, 1964) é autor teatral, guionista de cine e televisión e actor de dobraxe. Comezou a súa carreira como actor na Compañía Luís Seoane, e é un dos integrantes do colectivo de intérpretes que iniciou a dobraxe en galego, oficio ao que se dedica desde 1985. En 1993 irrompe na escena da escrita teatral galega con Matalobos (Premio Rafael Dieste para Textos Teatrais). Un ano máis tarde acada o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro con Lugar (Xerais, 1995). En 1997 gaña o prestixioso Premi Born coa obra Derrota (Xerais, 1999). Con Chegamos despois a unha terra gris (Xerais, 2011) gaña por segunda vez o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro e, finalmente, o premio da AELG.