Educación e Paz II. Presente e futuro da construción da Paz, recolle as colaboracións que fixeron uns 40 ensaistas de distintas disciplinas e países agrupadas en tres campos: o mundo no que vivimos, os escenarios e propostas de paz e o papel da educación para a paz a prol da paz, a cidadanía democrática e os dereitos humanos.
O libro está estruturado en tres capítulos: O mundo no que vivimos e propostas de futuro; Escenarios e presupostos de paz e O papel da educación para a paz e os dereitos humanos.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497827492
Idioma: Gallego
Número de páginas: 192
Tiempo de lectura:
4h 31m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/04/2008
Año de edición: 2008
Plaza de edición: Vigo
Peso: 338.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por XESUS R. JARES
Xesús R. Jares é Catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Coruña. Cátedra obtida co perfil "Modelos de Educación para a Paz e o Desenvolvemento". Coordina desde 1983 o colectivo Educadores pola Paz de Nova Escola Galega. Foi presidente da Asociación Española de Investigación para a Paz (AIPAZ) e na actualidade preside a Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ). Deseñou e coordinou o proxecto multidisciplinar e solidario Construír a paz. Cultura para a paz nos anos 1995-1997. Tamén foi o deseñador e coordinador do Programa educativo municipal Aprender a convivir do Concello de Vigo nos anos 2000-2003. Ademais deste, ten publicado en Edicións Xerais outros catro libros: Educación e dereitos humanos. Estratexias didácticas e organizativas (1998), Construír a paz. Cultura para a paz (Cdor., 1996), Aprender a convivir (2001, 3ª edición en 2006) e Técnicas e Xogos cooperativos para todas as idades (2005).