Este é un disparatado intento de explicar o Universo e a vida. Tiven a desvergonza de poñelo en verso, marabillado polo incesante brillo dos astros e a estupefacción elemental que supón estar vivo. Algúns foron inspirados por nenos e nenas que me contan cousas do seu día a día; outros xurdiron da chistera do ilusionista nada. Só pretendo prender afaísca da alegría, aínda que tamén dispón dun oco para a tristeza, porque ambas son irmás que van collidas da man. Un poema levarache a unha illa perdida no océano do noso interior, onde te agardo. Supoño que quererás saber algunha razón pola que considero que o debes mercar. Non a hai. Iso depende de ti. Abre o libro ao chou. Le uns versos. Se algún che fai sorrir, dareime por satisfeito. Coidado!, debes ver cos ollos do primeiro neno que ergueu a cabeza cara ao firmamento.
Ficha técnica
Editorial: Edicions Morgante
ISBN: 9788415166122
Idioma: Gallego
Número de páginas: 74
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 13/05/2011
Año de edición: 2011
Plaza de edición: Cangas Do Morrazo
Número: 1
Especificaciones del producto
Opiniones sobre ELOS
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!