📗 Libro en gallego ESTANISLAO, PRINCIPE DE SOFROVIA

XERAIS - 9788483028957

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de ESTANISLAO, PRINCIPE DE SOFROVIA

O día do nacemento do príncipe Estanislao sería lembrado para sempre con letras destacadas nos anais do antigo e poderoso reino de Sofrovia debido á potencia dos berros que emitiu en canto viu a primeira luz. Era só o anticipo da xuventude intensa, apaixonada e rebelde do que anos despois acabaría sendo o rei Tanis I, o Mocos.Estanislao era longueirón, cabezolo e narigudo, pero tiña un sorriso que encadeaba a todo o mundo. Educado por un equipo de peda-gogos do palacio real, vivía rodeado de luxos. Os seus desexos cumpríanse ó instante, xa fora calquera ocorrencia para xogar ou calquera antollo para alomorzar ou cear. Os seus amigos alcumábano “o Mocos”, xa que sempre que lle proía o nariz metía o dedo en busca de mozos cos que facía boliñas que empregaba nos seus xogos.Estanislao, príncipe de Sofrovia, a última novela de Manuel Lourenzo González, ilustrada por Santiago Gutiérrez, narra a nenez e o período escolar do divertidísmo príncipe punqui que coñecimos en Tanis I, o Mocos, novela do mesmo autor xa publicada dentro da colección Merlín.

Ficha técnica


Ilustrador: Santiago Gutierrez Gomez

Editorial: Xerais

ISBN: 9788483028957

Idioma: Gallego

Número de páginas: 159

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 13/11/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Merlin

Número: 127

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Lourenzo González


Manuel Lourenzo González (Vilaboa, Pontevedra, 1955) é licenciado en Pedagoxía e catedrático de Lingua Galega e Literatura. Como escritor, publicou os libros de relatos para adultos "Algúns outros" (1991); "Da esfinxe" (1992); "As paisaxes compartidas" (1996), Premio Carvalho Calero; "Noites de papel" (1997), Premio Café Dublín; "Infidelicidades" (2002), Premio Narrativas Quentes; e as novelas "Arqueofaxia" (Xerais 1995), Premio Manuel García Barros; "O xardín das pedras flotantes" (Xerais 2008), Premio Xerais de Novela; Atl (Xerais 2012), Premio Blanco Amor de Novela, e "Cegoñas ao fondo da ría" (2015). No ámbito da literatura xuvenil, é autor das novelas "No outono das fragas" (1995); "Tanis I o Mocos" (Xerais 1998); "O que é a vida" (Xerais 2001); "Estanislao, príncipe de Sofrovia" (Xerais 2002); "Irmán do vento" (Xerais 2003), Premio Merlín e Premio Frei Martín Sarmiento; "Ela atopa un nome" (2005); "Unha pantasma no colexio" (2006); "O día despois do día" (2007); "Mundo Arb" (2011), Premio O Barco de Vapor; "Flor de área" (Xerais 2013) e "Ceiba de Luz" (Xerais 2017), Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil; algunhas das cales foron traducidas ao castelán. Como autor de libros infantís, publicou "Animais de compañía" (1998), seleccionado para o catálogo White Ravens 2000; "O patadón" (2001 Xerais); "Piñeco" (2004), e unha versión do clásico "A leiteira" (1999). No campo do teatro, é autor de "Auto do Entroido" (1995), Premio O Facho e "A música da noite" (2001), Premio Estornela. Ademais, ao longo destes anos participou en numerosos libros colectivos, como "Muralla de Cresconio 2", "Galicia Solidariedade", "Premios Pedrón de Ouro 1990-1991", "Unha liña no ceo. 58 narradores galegos", "Novo do trinque", "Contos de chistes, portas e sorrisos", "Educación e Paz III. Literatura galega pola paz", "Limiaxinacións", e en publicacións periódicas, entre as que destacan as súas colaboracións na revista de humor "Retranca" (anos 2007- 2010). É coautor de libros para o ensino da lingua e a literatura na ESO (Xerais 1995-1998) e autor de artigos e textos de moi diverso carácter.
Descubre más sobre Manuel Lourenzo González
Recibe novedades de Manuel Lourenzo González directamente en tu email

Opiniones sobre ESTANISLAO, PRINCIPE DE SOFROVIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana