Este libro gañou en 1989 o premio Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo concello de Dodro. Hai nestes poemas a delicada confesión íntima dos desacougos persoais, pero tamen a ironía intelixente que os disolve nun elegante distanciamento, así como o culto á tradición literaria ou á reflexión filosófica. Non falta nunca a musicalidade, esa cortesía que os bos poetas poñen sempre por diante do significado máis rotundo dos seus poemas.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788471548160
Número de páginas: 56
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/11/1991
Año de edición: 1991
Plaza de edición: Es
Colección:
Dombate (Poesía)
Dombate (Poesía)
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Gonzalo Navaza
Gonzalo Navaza (Lalín, 1957). Doutor en Filoloxía. Profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Lexicógrafo e especialista en toponimia e antroponimia, coordinou a área de dicionarios de Edicións Xerais de Galicia. Realizou a edición crítica de «Longa noite de pedra», de Celso Emilio Ferreiro (Xerais 1990). Ten publicados os poemarios: «Fábrica íntima» (1991), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1989 e Premio da Crítica Española 1992; «A torre da derrota» (Xerais 1992); e «Libra» (2000), Premio Martín Codax 2000. Como tradutor verteu para o galego obras de Jack London, Georges Perec, Robert Graves e Baudelaire. Recibiu o Premio Ramón Cabanillas de tradución literaria (1989) pola súa versión para o galego de «O can dos Baskerville» de Conan Doyle (Xerais 1988). Como narrador publicou «Erros e Tánatos» (Xerais 1996), «Elucidario» (Xerais 1999) e «Santos e defuntos» (Xerais 2001). Para o público infantil, publicou «Fábulas contadas» (Xerais 2020).