OQO EDITORA - 9788498712063
Fiz non era coma os outros nenos:
Fiz era o neno máis medorento do mundo!
Unha historia para favorecer a expresión de sentimentos e tirar proveito de algo que, en principio, podería parecer unha limitación ou unha barreira para o día a día.
A coñecida escritora galega fainos unha invitación para que nos riamos de nós mesmos, e a ilustradora portuguesa Teresa Lima, que acepta o convite, amósalle a súa complicidade nas sempre elegantes e cálidas imaxes do álbum.
A artista lusa, resolve a parte visual coa súa coñecida e xa recoñecida, despois dos múltiples e importantes premios recibidos, liña plástica, baseada nunha técnica mixta na que mestura os pasteis, os lapis de cores e a colaxe dalgúns elementos.
Un traballo no que predominan as imaxes creadas a partir dunha suave paleta cromática que xoga constantemente cunha persoal luminosidade. Unhas imaxes, coas que a ilustradora nos introduce neste fascinante mundo de Fiz.
Texto de Fina Casalderrey
Ilustracións de Teresa Lima
Especificaciones del producto
Escrito por Fina Casalderrey
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!