leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego IN ARTICULO MORTIS

Editorial Galaxia, S.A. - 9788411760232

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de IN ARTICULO MORTIS

Despois da morte de Manuel Blanco Romasanta no presidio de Ceuta en 1863, o cura e capelán do Penal, que o atendeu “in articulo mortis”, decide colgar a sotana encabuxado por distintas razóns. Pasados os anos, transformado en xuíz, é destinado á Audiencia de Ourense, onde se atopa coa historia de M. B. R. e decide estudar o proceso e determinar a razón pola que o reo manifestaba converterse en lobo para cometer as mortes. Nese tempo mestúranse distintas vicisitudes, amoríos de vello con rapaza nova, pobre, viaxes e a aparición dunha vella curandeira que sabe moito de Romasanta. O final de novela é unha entelequia de difícil solución que vén pecharse cun novo drama.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788411760232

Idioma: Gallego

Número de páginas: 160
Tiempo de lectura:
3h 44m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 28/04/2023

Año de edición: 2023

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Literaria

Número: 477
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 242.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Luís Manuel García Mañá


LUÍS MANUEL GARCÍA MAÑÁ (Ourense, 1950), licenciado en Dereito, exerceu a responsabilidade de Comisario Principal, Xefe Superior de Policía de Galicia. Académico correspondente da Real Academia Galega, membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, da Fundación Premios da Crítica Galicia, do Padroado da Fundación Otero Perayo, do PEN Club de Galicia, fillo adoptivo de Calvos de Randín, a súa produción editorial como ensaísta tense centrado en temas relacionados coa Historia e o Dereito: "De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense" (1986), "La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense" (1988), "Miño: ¿Existiu unha fronteira?" (1993), "As primeiras boticas de Vigo e a arte do oficio" (1998). Quizais a súa contribución máis salientable á historiografía galega sexa o rescate da institución do Couto Mixto, pequena república que existiu entre Galicia e Tras-os-Montes ata o tratado de Lisboa de 1864, recollida no seu libro "Couto Mixto, unha república esquecida" (Xerais 2005). Como narrador, é autor das seguintes novelas: "As plumas do moucho" (1999); "O lume de Santo Antón" (Xerais, 1997), traducida ao castelán por Alianza editorial (2002); "Menino morreu" (Xerais, 2003), "O grito do Ipiranga (Xerais 2010), pertencentes á serie da que é protagonista o investigador decimonónico Nemesio Castro; "Por que as sombras non teñen ollos" (Xerais 2015) e "Non fales o que non debes" (Xerais, 2020).
Descubre más sobre Luís Manuel García Mañá
Recibe novedades de Luís Manuel García Mañá directamente en tu email

Opiniones sobre IN ARTICULO MORTIS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana