Luís Manuel García Mañá


LUÍS MANUEL GARCÍA MAÑÁ (Ourense, 1950), licenciado en Dereito, exerceu a responsabilidade de Comisario Principal, Xefe Superior de Policía de Galicia. Académico correspondente da Real Academia Galega, membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, da Fundación Premios da Crítica Galicia, do Padroado da Fundación Otero Perayo, do PEN Club de Galicia, fillo adoptivo de Calvos de Randín, a súa produción editorial como ensaísta tense centrado en temas relacionados coa Historia e o Dereito: "De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense" (1986), "La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense" (1988), "Miño: ¿Existiu unha fronteira?" (1993), "As primeiras boticas de Vigo e a arte do oficio" (1998). Quizais a súa contribución máis salientable á historiografía galega sexa o rescate da institución do Couto Mixto, pequena república que existiu entre Galicia e Tras-os-Montes ata o tratado de Lisboa de 1864, recollida no seu libro "Couto Mixto, unha república esquecida" (Xerais 2005). Como narrador, é autor das seguintes novelas: "As plumas do moucho" (1999); "O lume de Santo Antón" (Xerais, 1997), traducida ao castelán por Alianza editorial (2002); "Menino morreu" (Xerais, 2003), "O grito do Ipiranga (Xerais 2010), pertencentes á serie da que é protagonista o investigador decimonónico Nemesio Castro; "Por que as sombras non teñen ollos" (Xerais 2015) e "Non fales o que non debes" (Xerais, 2020).
Recibe novedades de Luís Manuel García Mañá directamente en tu email
Del 1 al 12 de 12
O GRITO DO IPIRANGA

Edicións Xerais 9788499141190

Ver más ediciones

POR QUE AS SOMBRAS NON TEÑEN OLLOS

Edicións Xerais 9788499149202

Ver más ediciones

NON FALES O QUE NON DEBES

Edicións Xerais 9788491216797

Ver más ediciones

MENINO MORREU

XERAIS 9788483029442


O LUME DE SANTO ANTON (2ª ED.)

XERAIS 9788483021439


EL FUEGO DE SAN ANTONIO

ALIANZA EDITORIAL 9788420644004


COUTO MIXTO: UNHA REPUBLICA ESQUECIDA

Edicións Xerais 9788497823258


COUTO MIXTO: UNHA REPUBLICA ESQUECIDA

UNIVERSIDAD DE VIGO 9788481581553


NON E DE TARAMUNDI

Editorial Galaxia, S.A. 9788491518372


MIÑO: ¿ EXISTIU UNHA FRONTEIRA ?

Editorial Galaxia, S.A. 9788491515814


REFLEXIONES Y EXPERIENCIAS DE UN JEFE DE POLICIA

Editorial Reus S.A. 9788429017410


IN ARTICULO MORTIS

Editorial Galaxia, S.A. 9788411760232

Ver más ediciones

Del 1 al 12 de 12