O lume de Santo Antón, primeira novela de García Mañá, rememora as extrañas mortes, que sen explicación e sen causa coñecida daquela, producíronse na parroquia de San Xoán de Barbadás durante o verán do ano 1856. Será o xove Nemesio Castro, o investigador encargado polo Gobernador interino da provincia, quen descubra a orixe dos misteriosos acontecementos. Novela histórica rigorosamente documentada, reflicte as contradiccións da sociedade da epoca, onde non faltan as referencias a sucedidos claves da nosa historia contemporánea como o banquete de Conxo e o inicio da emigración americana. Novela ben construída, consegue unha lectura moi fluída, coas doses de misterio, acción e humor sabiamente dosificadas polo autor de xeito que o texto de continuo anima a , non deixar de ler ..,O lume de Santo Antón descubre un novo valor para a nosa narrativa contemporánea. Moi recomendable, sen dúbida.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483021439
Idioma: Gallego
Número de páginas: 160
Tiempo de lectura:
3h 44m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/07/1997
Año de edición: 1997
Plaza de edición: Es
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 213.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Luís Manuel García Mañá
LUÍS MANUEL GARCÍA MAÑÁ (Ourense, 1950), licenciado en Dereito, exerceu a responsabilidade de Comisario Principal, Xefe Superior de Policía de Galicia. Académico correspondente da Real Academia Galega, membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, da Fundación Premios da Crítica Galicia, do Padroado da Fundación Otero Perayo, do PEN Club de Galicia, fillo adoptivo de Calvos de Randín, a súa produción editorial como ensaísta tense centrado en temas relacionados coa Historia e o Dereito: "De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense" (1986), "La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense" (1988), "Miño: ¿Existiu unha fronteira?" (1993), "As primeiras boticas de Vigo e a arte do oficio" (1998). Quizais a súa contribución máis salientable á historiografía galega sexa o rescate da institución do Couto Mixto, pequena república que existiu entre Galicia e Tras-os-Montes ata o tratado de Lisboa de 1864, recollida no seu libro "Couto Mixto, unha república esquecida" (Xerais 2005). Como narrador, é autor das seguintes novelas: "As plumas do moucho" (1999); "O lume de Santo Antón" (Xerais, 1997), traducida ao castelán por Alianza editorial (2002); "Menino morreu" (Xerais, 2003), "O grito do Ipiranga (Xerais 2010), pertencentes á serie da que é protagonista o investigador decimonónico Nemesio Castro; "Por que as sombras non teñen ollos" (Xerais 2015) e "Non fales o que non debes" (Xerais, 2020).