Os coñecementos, os procesos, os productos, os mercados experimentaron mudanzas profundas nas últimas décadas e seguen a cambiar con rapidez. Son cambios que afectan a todos os campos da producción sen excepcións; trátase dun cambio estructural de todo o conxunto do sistema productivo. É un cambio de paradigma cara á economía baseada no coñecemento. A capacidade para crear coñecementos, para asimilalos, para aproveitalos productivamente convértese no eixo de calquera estratexia de desenvolvemento económico. E esa capacidade non depende só da existencia de laboratorios de I+D, senón de todo o entramado que configura un Sistema Nacional de Innovación. O obxectivo central do libro é desentrañar as características do sistema galego de innovación que explican a escasa capacidade de creación de tecnoloxía e determinan as pautas do cambio tecnolóxico experimentado pola nosa industria. Máis que enfatizar as consecuencias sociais das novas tecnoloxías, este estudio céntrase en analizar as causas e consecuencias da insuficiente capacidade innovadora. Trátase de explicar as dificultades de transformación e adaptación ó cambio estructural dos anos setenta en diante e perfilar as bases para unha política tecnolóxica acaída a esa industria neste tempo. En consecuencia, non se trata tando de explicar as raíces históricas do noso atraso industrial, que conta con contribucións senlleiras como as de Beiras (1973) ou a de Carmona (1994) senón, sobre todo, as dificultades de adaptación á crise do paradigma industrial e tecnolóxico da posguerra e a un proceso de intensificación da competencia, nos mercados globais e locais, nun contexto de crecemento lento da economía. Un dos obxectivos é, polo tanto, mostrar a importancia da capacidade tecnolóxica propia para reducir a dependencia e aumentar sequera levemente o autocontrol sobre a nosa propia evolución sen ser inmisericordemente abanedados por cada vento de cambio, que sempre nos chega de fóra, colléndonos por sorpresa e sen capacidade para reaccionar. Para aumentar o control sobre as forzas do cambio resulta imprescindible ter capacidade para innovar, xerar cambios, asimilar rápido e reinventar os cambios foráneos evitando quedar fóra de xogo.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483022702
Número de páginas: 359
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/05/2001
Año de edición: 1998
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier Vence Deza
Xavier Vence Deza, catedrático de Economía Aplicada de la Universidad de Santiago de Compostela, ha coordinado en esta obra el trabajo que han llevado a cabo varios expertos nacionales e internacionales en diferentes campos de las políticas de innovación.