📗 Libro en gallego LABREGOS CON CIENCIA

XERAIS - 9788475076454

Historia local de España Galicia

Sinopsis de LABREGOS CON CIENCIA

O sector agrario e o mundo labrego, pese a perderen importancia relativa na Galicia actual, seguen a ser decisivos dende o punto de vista económico e social, pero están sometidos a unha conxuntura de cambios que demanda solucións para evitar perigos evidentes. O despoboamento, cos problemas ecolóxicos q ue o acompañan, ou vivir dos subsidios non son alternativas razoables para unha sociedade que se resiste con obstinación a abandonar o seo rural no que se formou. ¿Sobra poboación activa? ¿Qué producir? Neste brumoso contexto, avanzar na definición de necesidades e respostas esixe aportacións a distintos niveis, e tamén dende a Historia Agraria. Neste libro queren clarexarse algúns aspectos da historia máis recente da agricultura galega que poden desentolda las análises sobre as posibilidades dun sector cara ó que a sociedade moderna ten desconfianzas non xustificables. A capacidade de modernización demostrada por determinados sectores da sociedade rural do primeiro tercio do século XX, discute a vella idea do atraso e representa un dinamismo non valorado que tamén forma parte da nosa bagaxe histórica.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475076454

Idioma: Gallego

Número de páginas: 520
Tiempo de lectura:
12h 26m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/05/2001

Año de edición: 1992

Plaza de edición: Vigo
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por LOURENZO FERNANDEZ PRIETO


Lourenzo Fernández Prieto, A Devesa-Ribadeo, 1961. Licenciouse en Xeografía e Historia (Compostela, 1984), e baixo a dirección de R. Villares especializouse en cuestións agrarias durante a elaboración da súa tese de doutoramento, Renovación tecnolóxica da agricultura galega, presentada en 1990 e na que se basa ``Labregos con ciencia´´ (Xerais, 1992). Ten publicado, entre outros, traballos sobre Rof Codina (1985), ``A Granxa Agrícola da Coruña, 1888-1928´´ (1988), ``Agricultura e capitalismo en Galicia´´, traballo colectivo en Ed. Crítica (1991); tamén colaborou no libro colectivo ``Donos de seu. Estudios de Historia Agraria de Galicia´´. Na actualidade é profesor de Historia Contemporánea e mais secretario do IDEGA na Universidade de Santiago de Compostela.
Descubre más sobre LOURENZO FERNANDEZ PRIETO
Recibe novedades de LOURENZO FERNANDEZ PRIETO directamente en tu email

Opiniones sobre LABREGOS CON CIENCIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana