Antón e o seu can Leonardo protagonizan unha historia para todas as idades É unha narración que se publicou por primeira vez no ano 1986 e que desde entón se convertiu nun dos libros máis buscados por pequenos e grandes, pois aínda que foi escrito pensando en lectores de doce anos, ó final, como sucede con toda literatura de calidade, acabou sendo unha obra para todos. Conta as historias que lle suceden a Antón e mais a Leonardo. O primeiro é un neno que se chama Antón Andrade Asorei e que cursa oitavo. O segundo, a pesar do nome, non é un rapaz, senón un can; polo tanto carece de apelidos. Ó longo do libro suceden moitas cousas, tanto a Antón como a Leonardo. Quen as conta é Antón. E sabe contalas moi ben.
Ficha técnica
Ilustrador: Manolo Uhia
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788482883083
Idioma: Gallego
Número de páginas: 144
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 17/05/2001
Año de edición: 1999
Plaza de edición: Vigo
Alto: 17.0 cm
Ancho: 12.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por María Victoria Moreno
María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara 1941- Pontevedra 2005) foi licenciada en Filoloxía Románica e Catedrática de Bacharelato de lingua e literatura españolas nun instituto de Pontevedra. Escritora, conferenciante e tradu-tora, impartiu numerosos cursos de lingua galega e preparou textos didácticos. Considerada como unha das fundadoras da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, publicou o seu primeiro libro, Mar adiante, en 1973, recuperado por Xerais en 2009. Dende entón publicou títulos tan importantes como Leonardo e os fontaneiros (1986), primeira novela realista da literatura infantil en galego; Anagnórise (1988), novela incluída na Lista de Honra do IBBY 1990 e traducida a varias linguas; ou Guedellas de seda e liño (1991), novela pola que obtivo o premio White Ravens 2002 e unha mención especial dos Premios da Crítica Galicia 2000 no eido da Creación Literaria; e Eu conto, ti cantas... (Xerais 2005). Recolleu a súa experiencia como enferma de cancro de mama en Diario da luz e a sombra (Xerais 2004). A súa obra poética, editada postumamente, está recollida no libro Elexías de luz (Xerais 2006).