Sinopsis de LOIS E HELENA BUSCANDOSE UN DIA DE TORMENTA
Premio García Barros 2006 . Lois esperta un día pola mañá cedo e descobre que a súa muller xa non está na casa. Tampouco responde as chamadas telefónicas. A angustia da soidade inesperada, do descoñecemento e do temor, acaba por abrirse paso cara o temido fracaso da parella, a separación. Cunha prosa musical e mordaz, Manuel Veiga (Monforte de Lemos, 1960) fai confluír nesta novela, gañadora do Premio García Barros 2006, a historia dun home e dunha muller que se buscan e a dunha cidade, metáfora do Vigo actual, que, coma eles, tamén quere recoñecerse e aceptarse nas súas grandezas e nas súas miserias, no seu pasado e no seu presente.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788482889481
Idioma: Gallego
Número de páginas: 208
Tiempo de lectura:
4h 54m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 20/11/2006
Año de edición: 2006
Plaza de edición: Es
Colección:
Literaria
Literaria
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Manuel Veiga
Manuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos, 1960) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. En 1983 entrou a formar parte da redacción do semanario «A Nosa Terra», periódico que dirixiu entre 2007 e 2010. No ano 2004 gañou o premio Xerais coa novela «O exiliado e a primavera» e, en 2006, o Manuel García Barros con «Lois e Helena buscándose un día de tormenta». Outras obras súas son «O profesor de vegliota», novela (Xerais, 2008), «Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico» (Xerais, 2012) , «O pacto galego na construción de España», «Manuel María, buscando un país» (Xerais, 2016), «Todo ser humano é un río» (Xerais, 2016), «A parte queimada. Stalin & Robespierre», «As mellores tendas de Madrid» (Xerais, 2021) e «Perder as bestas» (Xerais, 2023). Colabora en «Nós Diario» e no blog «Biosbardia». (Foto do autor: Antonio Gutiérrez)