📗 Libro en gallego MANS

EVEREST- 9788440311832

Infantil 0 a 2 años Prelectura y preescritura

Sinopsis de MANS

Os Dereitos de Autor desta obra están destinados integramente a Tierra de hombres, fundación que ten como obxectivos prioritarios os seguintes: - Desenvolver unha estratexia de intervención en saúde materno-infantil.- Protexer a infancia coas medidas axeitadas que lles permitan aos nenos unha supervivencia e un desenvolvemento normal. - Sensibilizar e Educar para o Desenvolvemento. Stop Infancia sen Dereitos pretende ofrecer unha visión completa sobre a situación e as dificultades da infancia no mundo.O nome Tierra de hombres, elixido polo seu fundador Edmond Kaiser está inspirado no libro Terre des hommes do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry, autor tamén da obra O principiño. O pensamento do autor na redacción do libro contrapón os excesos políticos e ideolóxicos da moderna sociedade industrial aos valores"eternos"do ser humano, que el cifraba principalmente no espírito de sacrificio, na xustiza, na amizade e no honor. As nosas mans din de nós e do mundo. Hai mans xenerosas e mans avarentas; mans que acarician e mans que ameazan; mans que chaman e mans que condenan. O noso destino está nas nosas mans ou deixámolo nas mans de Deus. Pero as mans tamén voan e aman, e soben e baixan como tamén din e calan. E as mans dos amantes procúranse, achéganse e tócanse. As mans dos máis pequenos érguense cara a nós p...

Ficha técnica


Ilustrador: Dnl

Editorial: Everest

ISBN: 9788440311832

Idioma: Gallego

Número de páginas: 48

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 17/11/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Es
Alto: 21.0 cm
Ancho: 19.0 cm
Grueso: 19.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por XAVIER P. DOCAMPO


Xabier P. DoCampo (Rábade, 1946 - A Coruña, 2018). Mestre e escritor, é autor dunha extensa obra narrativa, en boa parte traducida ás linguas peninsulares. Mereceu o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e A Letra E da AELG en 2014. Entre as súas obras máis destacadas están as seguintes: «O armario novo de Rubén» (Xerais 1989); «A nena de auga e o príncipe de lume» (Xerais 1990-2012); «A casa do porco bravo e Roxelio e a couza» (Xerais 1991); «Adelaida, Henrique e demais familia» (1996); «Nube de neve» (2000), «¿Víchela, víchela?» (2001), «Os ollos de Ramón» (2001), «A decisión de Valerio» (Xerais 2005), «O misterio das badaladas» (1986, Xerais 2011), novela; «Cun ollo aberto e outro sen cerrar» (1987), relatos; «A chave das noces» (1988, Xerais 2018), novela; «O país adormentado» (Xerais 1993, 2012), novela; «Cando petan na porta pola noite» (Xerais 1994), relatos, Premio Rañolas ao mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); «O pazo baleiro» (1997, Xerais 2002), novela; «O home que inventou unha maneira de andar» (1998), novela; «Catro cartas» (2000, Xerais 2020), relatos; «Un conto de tres noites» (Xerais 2001), relatos; «A casa da luz» (Xerais 2002), novela; «O libro das viaxes imaxinarias» (Xerais 2008), Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008; «A illa de todas as illas» (Xerais 2013), novela, «A nena do abrigo de astracán» (Xerais 2017), novela, Premio Gala do Libro Galego 2018, e «Contos de obxectos» (Xerais 2021), relatos.
Descubre más sobre XAVIER P. DOCAMPO
Recibe novedades de XAVIER P. DOCAMPO directamente en tu email

Opiniones sobre MANS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana