Magnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunto A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo dos mares. Recuperación dun clásico da literatura universal para que os lectores e lectoras máis novos gocen coa xeografía de Rusia e Siberia e vivan en tensión as aventuras e desventuras do heroe.Ambientada na época tsarista do imperio ruso da segunda metade do século XIX, a novela narra as aventuras do correo do tsar Miguel Strogoff, que deberá percorrer unha distancia de 5.500 km desde Moscova a Irkutsk, capital da Siberia oriental, superando unha chea de obstáculos naturais case insuperábeis e o brutal exército tártaro dirixido polo traidor ao tsar, o militar ruso Ivan Ogareff, para entregar ao Gran Duque unha mensaxe secreta que o soberano lle confiara.Suportando todo o tipo de dificuldades e de obstáculos, sometido a humillacións e mesmo tortura durante ese longo percorrido polo enigmático e perigoso interior do continente asiático, Strogoff, convertido nun auténtico heroe, xorde como un modelo de perfección e virtude, forte e coraxudo, a quen nada nin ninguén consegue deter no cumprimento da súa misión.
Ficha técnica
Traductor: Ánxela Gracián
Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.
ISBN: 9788499950525
Idioma: Gallego
Número de páginas: 384
Tiempo de lectura:
9h 9m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/10/2012
Año de edición: 2012
Plaza de edición: Es
Colección:
Narrativa
Narrativa
Especificaciones del producto
Escrito por Julio Verne
JULIO VERNE (Nantes, 1828 – Amiens, 1905) fue un escritor, poeta y dramaturgo francés famoso por sus novelas de aventuras y por su profunda influencia en el género literario de la ciencia ficción. Entre sus obras más conocidas encontramos Viaje al centro de la Tierra, Veinte mil leguas de viaje submarino, La vuelta al mundo en 80 días y Dos años de vacaciones.