NAI

AKAL - 9788473395120

Clásicos Narrativa española hasta el siglo XVIII

Sinopsis de NAI

Iste libriño que tes nas mais, amigo lector, recollé un feixe de lembranzas, un“cariñento ramasllete de palabras”a decir do autor, que constitúen o homenaxe emocionado e sinxelo á Nai, a tódalas nais galegas. Non atoparedes nestas follas historias pintorescas, froito de maxins enfebrecidos, nin reviravoltas anecdóticas ou grandes sucesos. Ö traveso diste rosario de músicas literarias–orixinal xénero literario, que Neira Vilas inauguróu con Lar-, o autor transmítenos or recordoso da sua nenez ordenados ó redor da figura materna, verdadeira protagonista cuia grandeza humilde enche as páxinas do libro. Con iste tema, outros que non se chamasen Neira Vilas dibuxarían estampas sensibleiras ou caerían no salouco morriñento, pero o noso autor é inmune a estas doenzas porque a súa prosa ten o pouso do longo desterro e o celem e dos virtuosos: a sía lente sabe enfocar dende a perspectiva axeitada. Polo demáis, os fermosos dibuxos de Xosé Luis de Dios ensámblanse perfectamente no esprito da obra, de tal modo que non se sabe qué foi primeiro: se o texto ou as ilustracións.

Ficha técnica


Editorial: Akal

ISBN: 9788473395120

Número de páginas: 88

Encuadernación: Tapa blanda

Año de edición: 1980

Plaza de edición: Torrejon de Ardoz
Número: 50
Peso: 70.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Neira Vilas


Xosé Neira Vilas (Gres, Val do Ulla, 1928 - 2015), foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É un dos autores clásicos da literatura galega. Autor de ''Memorias dun neno labrego'' (1961), a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega, residiu 43 anos en América, primeiro en Buenos Aires, de 1949 a 1961 (onde fundou coa súa muller Anisia Miranda, Follas Novas, editorial e distribuidora do libro galego); e de 1961 a 1992 na Habana, cidade na que crea e dirixe, durante 22 anos, a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística; fai xornalismo literario e exerce como redactor xefe da revista infantil Zunzún. A súa extensa obra abrangue a prosa narrativa: ''Xente no rodicio'' (1965),'' Camiño bretemoso'' (1967), ''Historias de emigrantes'' (1968), ''A muller de ferro'' (1969), ''Remuíño de sombras'' (1973), ''Aqueles anos do Moncho'' (1977, Xerais 1989), ''Querido Tomás'' (1981), ''Tempo novo'' (1987), ''O home de pau'' (Xerais 1999), ''Relatos mariñeiros'' (Xerais 2003), e unha antoloxía dos seus relatos recollida baixo o título de ''Contos de tres mundos'' (Xerais, 1995); a narrativa infantil: ''Cartas a Lelo'' (1971), ''Espantallo amigo'' (1971), ''O cabaliño de buxo'' (1971), ''A marela taravela'' (1976), ''De cando o Suso foi carteiro'' (1988), ''Chegan forasteiros'' (1993); a poesía, con ''Dende lonxe'' (1960), ''Inquedo latexar'' (1969), ''Poesía recadada'' (1994) ou ''Dende Gres'' (2004); as lembranzas: ''Lar'' (1974), ''Nai'' (1980), ''Pan'' (1986); compilación de artigos: ''O sarillo do tempo'' (Xerais 2004), ''Xentes e camiños'' (Xerais 2005), ''Arredor do mun...
Descubre más sobre Xosé Neira Vilas
Recibe novedades de Xosé Neira Vilas directamente en tu email

Opiniones sobre NAI


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana