No corazón da fraga dormen os soños dos animais e os dos seres invisibles que, cansos de vagar, veñen descansar a esta fraga.Debes estar atento e probar os teus dotes de observación se queres coñecer os seres fantásticos que se ocultan nas láminas, agardando que ti os descubras.Para che facer mais doada a busca, ó final do libro presentámosche algúns destes seres, que xogan connosco a se camuflar entre as árbores, no río, nos penedos, nas montañas, nos camiños... atopalos só depende da nosa capacidade para soñar.
Ficha técnica
Ilustrador: Cubeiro Suso
Editorial: Everest
ISBN: 9788440304254
Idioma: Gallego
Número de páginas: 48
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 29/05/2001
Año de edición: 2001
Plaza de edición: Es
Alto: 28.0 cm
Ancho: 21.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Francisco X. Fernandez Naval
Francisco Fernández Naval (Ourense, 1956) é poeta e narrador. Recibiu o premio de poesía Cidade de Ourense (1980) por A Fonte Abagañada (1980) e Miño (2007) e o Premio Xerais de Novela por O bosque das antas (Xerais 1988). Como poeta tamén publicou Pabellón habitado (1987); Ara Solis (1996, edición bilingüe francés-galego, e posteriormente en castelán); Días de cera (1999) e Mar de Lira (2005). Ademais é autor das novelas: Tempo de crepúsculo (Xerais 1993), Sombras no labirinto (1997), Unha cita no aire (2005) e para o público xuvenil, Suso Espada, o misterio do Grial (2002), Suso Espada: Istambul e o cabaliño de ouro (2008) e A noite branca (2012), tamén editada en castelán; e dos libros de relatos Historias roubadas (1998), Lendas de hoxe, soños de mañá (2001) e Sete noites e un amnecer (2003). Como ensaísta publicou Respirar polo idioma -Os galegos e Julio Cortázar- (2006), editado en castelán en Buenos Aires (2007). Escribiu guías e libros de viaxe como Unha viaxe na procura do solpor -Do Tambre á fin da Terra- (2000), A Coruña monumental e turística (2002), Muros, ronsel de pedra, espiral de mar (2003) e Pereiro de Aguiar y la Ribeira Sacra ourensana (2008). É coautor das guías patrimoniais das provincias da Coruña e Ourense publicadas por Caixanova, así como de Galicia. Rutas con sabor, para El País-Aguilar. Destinado ao público infantil, escribiu o libro No corazón da fraga (2001), traducido ao castelán.