📗 Libro en gallego O BRILLO DOS ELEFANTES

XERAIS - 9788483024607

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de O BRILLO DOS ELEFANTES

O libro ten como pano de fondo a oposición entre a sociedade occidental e o chamado Terceiro Mundo. O rapaz que nos narra a historia vive nun país de Centroamérica, sometido a esa guerra xorda que os consume e que nace da loita de clases. Ese rapaz sen nome toma a palabra e fálanos da súa realidade, en secuencias breves como poemas: do seu país verde e fermoso, arrasado agora polas bandas paramilitares; do seu pai, asasinado por membros desas bandas; da súa avoa Mirta, que garda a memoria das cousas; da súa nai, loitando por sacar adiante a familia, e que noutrora loitou nas montañas para conseguir un país libre e xusto; de Violeta, a súa mellor amiga e o seu primeiro amor; da pobreza que o rodea, máis intensa coa guerra... E fálanos tamén de Taquín, o mestre ameazado de morte que lle aprendeu a ler e a escribir, o mesmo que lle ensina a amar a poesía e lle di que no seu país "o tempo ergue barricadas contra a memoria".

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483024607

Idioma: Gallego

Número de páginas: 80
Tiempo de lectura:
1h 48m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/05/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Vigo
Alto: 23.0 cm
Ancho: 12.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Fran Alonso


Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria como escritor ao gañar o Premio Blanco Amor de Novela en 1991 con «Tráiler» (Xerais). Desde entón publicou novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil e libros de xornalismo. A súa obra está guiada sempre por unha actitude innovadora. En 1994 publicou o libro de relatos «Cemiterio de elefantes» (Xerais, 1994) e logo viñeron a novela «Silencio» (1995-Xerais, 2014), «O brillo dos elefantes» (Xerais, 1999), «Males de cabeza» (Xerais, 2001), «Cartas de amor» (Xerais, 2006), «Ninguén» (Xerais, 2011) e «A punta de pistola» (Xerais 2012), que foi XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, así como as biografías «A vida secreta de María Mariño» (Xerais, 2007), «Folerpas de Novoneyra» (Xerais, 2010) e «A voz que vén da seitura» (libro-CD, 2007). No ámbito do xornalismo, publicou os libros «Territorio ocupado» (Xerais, 1998), «Un país a medio facer» (Xerais, 2008) e «Contesta ou disparo» (e-book, 2011). A súa obra poética deuse a coñecer coa publicación, en 1992, de «Persianas, pedramol e outros nervios» (1992), ao que seguiron «Tortillas para os obreiros» (1996), «Cidades» (Xerais, 1997), «Subversións» (Xerais, 2001), «Balada solitaria» (2004), «O meu gato é un poeta» (libro-CD, Xerais, 2011), «Poemas birollos para ler cos ollos» (Xerais, 2016), «Terraza» (Xerais, 2017), «Transición» (libro-CD, 2011) e «Véndoche un poema» (2025). Tamén é autor da coñecida antoloxía «Poetízate» (Xerais, 2006), que se converteu nun best-seller, e dos álbums ilustrados «A casa da duna» (Xerais, 2002) e «A araña e mais eu» (2009). En 2021 publica o ensaio para lectorado infantil e xuvenil «Douche a miña palabra (Xerais, 2021). Así mesmo é colaborador de diversos medios de comunicación, activista a favor da lectura, realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos. A súa obra está traducida a varias linguas.
Descubre más sobre Fran Alonso
Recibe novedades de Fran Alonso directamente en tu email

Opiniones sobre O BRILLO DOS ELEFANTES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana