📗 Libro en gallego O CADERNO AZUL (3ª ED.)

Edicións Xerais - 9788483027004

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de O CADERNO AZUL (3ª ED.)

O cademo azul é un libro moi emotivo centrado no tema do contaxio da SIDA, por unha transfusión de sangue, nunha nena de once anos. Ambientado na cidade de Vigo, a protagonista, Ánxelica, vai escribindo no cademo azul que lle regalou o seu avó os seus sentimentos máis profundos.A historia váisenos desvelando ó longo das catro estacións do ano, en anaquiños moi breves, cunha linguaxe moi sinxela. Texto valente, verosímil, ben construído, reivindica sen sentimentalismos maniqueos os valores da amizade e a solidariedade entre os preadolescentes, acentuando o necesario respecto á diferencia con todas aquelas persoas que padecen a SIDA.

Ficha técnica


Ilustrador: Ricardo Pérez Rilo

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483027004

Idioma: Gallego

Número de páginas: 160

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/02/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
Número: 000067
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 203.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por An Alfaya


An Alfaya (Vigo, 1964) ten unha obra literaria extensa dirixida tanto aos lectores e lectoras infanto-xuvenís como ás persoas adultas. Publicou as novelas A recortada (Xerais, 1999); Desventura (2003); Matei un home (2005), áccesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; A sombra descalza (Xerais, 2006), Premio Lazarillo 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008; Illa Soidade (Xerais, 2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2007; Areaquente (2009) Premio Lueiro Rey 2009 e Premio San Clemente 2010; Vía secundaria (Xerais, 2011), Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2010; Muros de aire (Xerais, 2015); A cea das enaguas (2016), Premio Frei Martín Sarmiento e O home de negro (2018), Premio Xosé Neira Vilas de Novela Xuvenil 2017. Dentro da súa produción dirixida ao público infantil, Xerais publicou a obra teatral O maquinista Antón (1995, 2009) e os libros narrativos O caderno azul (1996), ¡Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997), A buguina namorada (2003), A encontadora (2003), O aroma do liquidámbar (2012) e O fío vermello (2014). Tamén recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento nos anos 2008, 2011 e 2013 polas súas obras Zoa o Azor, A ánfora exipcia e O recendo das clementinas. O Grupo (Xerais, 2019) foi merecedora do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.
Descubre más sobre An Alfaya
Recibe novedades de An Alfaya directamente en tu email

Opiniones sobre O CADERNO AZUL (3ª ED.)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana