A familia Charabiscas da aldea de Pedrafermosa agarda con impaciencia a chegada do tío Roque, que marchou a percorrer o mundo e que lles prometeu volver para celebrar unha festa polo seu trinta aniversario. Cando chega o día sinalado, a familia recibe na caixa do correo o caderno de viaxe do tío e, ao longo da xornada, non para de soar o timbre da casa. Será Roque? Non! Unha sucesión de personaxes fantásticos (un xigante, unha serea, un vampiro...), cada cal máis peculiar, vai aparecendo por sorpresa, convidados á festa de aniversario. E o tío Roque onde está? Unha orixinal novela de viaxes, aventuras e fantasía, rica en detalles e desbordante de imaxinación e humor.
Ficha técnica
Ilustrador: Carlos Taboada
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411106207
Idioma: Gallego
Número de páginas: 160
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/01/2025
Año de edición: 2025
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
Alto: 18.5 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 1.4 cm
Peso: 213.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Carlos Taboada
Carlos Taboada (Pontevedra, 1979) É ilustrador, publicista, escritor e sobre todo lector. En 2008 fundou xunto a Enrique Mauricio o colectivo de actividades creativas Polo Correo do Vento a partir da colección de libros do mesmo nome. Esta colección consta de sete volumes dirixidos ao público infantil e foi publicada por Edicións Xerais de Galicia ese mesmo ano. Dende entón, a través de Polo Correo do Vento, ten levado a cabo numerosos traballos de ilustración, publicidade, creación audiovisual e diversas publicacións infantís. Actualmente dedicase á realización de actividades de animación á lectura, obradoiros de ilustración e á creación de historias. «A biblioteca de Pedrarcana» (Xerais, 2018) foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017. En 2024 volve quedar finalista deste premio con «O caderno de Roque».