📗 Libro en gallego O VIOLIN DE AUSCHWITZ

XERAIS - 9788475079769

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de O VIOLIN DE AUSCHWITZ

Mª Angles Anglada (Vic, 1930) é unha das escritoras máis recoñecidas da literatura catalana actual. Alabada pola crítica debido ó rigor e solidez da súa obra, María Angels Anglada diversifica a súa producción literaria alternando a poesía, a narrativa, o ensaio e a literatura infantil e xuvenil. Posuídora de importantes galardóns como o Josep Pla (1979) pola súa novela As Cercas, ou o Premio da Crítica (1986) por Sandalias de escuma, a novela que agora presenta Xerais na súa colección de narrativa xuvenil Fóra de Xogo, O violín de Auschwitz é a primeira das súas obras traducidas para o galego. O violín de Auschwitz narra a historia de Daniel, un xove violeiro xudeu internado no campo de exterminio de Auschwitz, onde as condicións de vida son infrahumanas, e os castigos e a morte son compañeiros habituais dos presos que sobreviven nesta porta do inferno. O comandante do campo, Saukel afeccionado á música clásica, descobre o auténtico oficio de Daniel e decide poñelo a proba: faralle construír un violín, coas medidas dos Stradivarius, que ten que ser perfecto. Daniel, sen sabelo primeiro, é obxecto dunha aposta entre o comandante e o sádico médico SS Rascher. Esta historia inesquecible e conmovedora, está coidadosamente reconstruída pola autora, que intercala documentos reais que amosan a crueldade do xenocidio nazi. A música, presente en toda a novela como contrapunto que proporciona harmonía a un ambiente deshumanizado e miserable, a minuciosidade do proceso de construcción do violín nunhas penosas condicións, e a solidariedade e amizade como únicos recursos contra a arbitrariedade e inxustiza, son compoñentes básicas desta extraordinaria novela, que conmoverá e interesará ós lectores desde o mesmo inicio. Unha historia que nos amosa o valor da arte en situacións límite e en xeral no mundo que permite tódolos Auschwitz de onte e os Saraievos de hoxe. Un libro dos que sempre se recomendarán ás persoas máis queridas. Excelente.

Ficha técnica


Traductor: Xavier Rodríguez Baixeras

Editorial: Xerais

ISBN: 9788475079769

Idioma: Gallego

Número de páginas: 144

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 30/04/1996

Año de edición: 1996

Plaza de edición: Es

Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO

Número: 9
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 0.7 cm
Peso: 154.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Maria Àngels Anglada


Descubre más sobre Maria Àngels Anglada
Recibe novedades de Maria Àngels Anglada directamente en tu email

Opiniones sobre O VIOLIN DE AUSCHWITZ


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana