"OS Estados e Imperios da Lúa é considerada como a primeira obra do xénero literario de ciencia ficción, xunto con Os Estados e Imperios do Sol, do mesmo autor. Nesta obra relátanse varias formas de chegar á Lúa, habitada por seres humanos de doce pés que andan a catro patas e miran cara abaixo. Ao ver a Cyrano, narrador e protagonista, os selenitas confúdeno cunha avestruz. A obra está inzada de disertacións sobre o universo, a materia, os sentidos e a ética, a través das cales Cyrano fustriga os vicios da súa época e toma partido polas concepcións máis avanzadas da ciencia e da filosofía. A obra permaneceu censurada pola Igrexa durante dous séculos. Non coñecemos a data exacta de composición de Os Estados e Imperios da Lúa. Parece que en vida de Cyrano xa tiña circulado antes de 1650 unha versión manuscrita, mais os textos orixinais desapareceron e non foi senón postumamente, en 1657, cando se publica a primeira edición, censurada e retocada, que será a que impere durante séculos. O mesmo aconteceu con Os Estados e Imperios do Sol, que o autor deixou sen rematar e que foi publicada por primeira vez en 1662. A localización de varios manuscritos de Os Estados e Imperios da Lúa a partir do século XIX posibilitou que se avanzase grandemente na restitución do texto do autor."
Ficha técnica
Traductor: Henrique Harguindey Banet
Editorial: Rinoceronte Editora S.L.
ISBN: 9788417388324
Idioma: Gallego
Número de páginas: 128
Tiempo de lectura:
2h 58m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/11/2019
Año de edición: 2019
Plaza de edición: Es
Número: 30
Especificaciones del producto
Escrito por CYRANO DE BERGERAC
Cyrano de Bergerac (París, 1619-1655) adoptó el nombre de Bergerac por su carácter aristocrático, aunque también firmó como Hércules, Alejandro o Durcona. Su primera obra conocida esEl pedante burlado(1645). Escribió tambiénEl ministro de Estado ardiendo(1649) contra Mazarino. En 1652 entró al servicio del duque de Arpajon y al año siguiente estrenaLa muerte de Agripina. Pero la obra por la que sería conocido en la posteridad esEl otro mundo o Los estados e imperios de la luna(1650). Imitándose a sí mismo, escribiría posteriormenteHistoria cómica de los estados e imperios del sol, que se publicó de forma póstuma en 1662.