Despois do exito da súa Guía da Galiza máxica, o escritor e fotógrafo Vítor Vaqueiro, que en 1983 recibiu o Premio da Crítica Española polo poemario A fraga prateada, fai unha incursión no mundo da narración curta. O resultado e literatura ambiciosa e esixente, ao tempo que rebordante de tensión etica e estetica, na que as lembranzas persoais e a memoria colectiva percorren un único camiño. Nos dez relatos que integran Os xenerais de Çfrica, recrease un espazo xeográfico claramente definido e chegase, partindo de escenas situadas en Vigo, a un tratamento intenso de temas universais.