Kalandraka Editora- 9788413434292
Un libro que celebra a amizade e o pracer de compartir.
Unha radiante mañá de inverno, Gata pensou que sería un día perfecto para tomar unha cunca de leite quente e decidiu ir á casa dos seus amigos para compartila con eles. Coella ofreceu un biscoito acabado de facer e Parrulo propuxo tocar o ukelele a carón do lume, pero ao chegar á casa de Teixugo... alí non había ninguén. Saíra había xa un bo anaco, gardando na súa bolsa un taboleiro de parchís.
Tras “Cinco ratiños”, Maria Girón, gañadora do XVII Premio Internacional Compostela por “Bim Bam Bum”, volve utilizar os recursos do conto de tradición oral para sorprendernos cunha historia tenra, enxeñosa e divertida sobre a amizade e o pracer de compartir as pequenas cousas.
As ilustracións, luminosas e cheas dun colorido que resalta sobre o branco da neve, xogan co amarelo, co vermello, co verde e co azul das pezas de roupa dos personaxes e dos seus fogares, nunha chiscadela ao clásico xogo de mesa. Precisamente, este álbum inclúe como elemento adicional un taboleiro de parchís deseñado pola autora para seguir gozando do libro máis alá da lectura.
Especificaciones del producto
Escrito por Maria Girón
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!