📗 Libro en gallego PENULTIMO DIETARIO

Edicións Xerais - 9788499142869

Antropología Antropología social y cultural

Sinopsis de PENULTIMO DIETARIO

Este Penúltimo dietario é unha memoria dos nosos -de Anisia e meus- últimos dezasete anos vivindo no retrinco do mundo onde nacín. Tiña pasado, coma quen di, da aldea ó barco. Levei comigo a lembranza dos meus familiares e veciños, a imaxe do Ulla, os labradíos e os montes de Gres, o Castromouzo, o castro da Pena Andoriña e pouco máis. Tomo conciencia do meu país máis alá do ancho mar, convértome de por vida nun activista galego.Des que nos radicamos en Gres, en 1992, atendemos toda sorte de peticións para contar as nosas experiencias, o que nos permitiu percorrer todo o país, coñecer o seu territorio, achegarnos amorosamente a vilas e cidades, ós seus ríos e montañas, dende Ortigueira a Entrimo e de Fisterra a Becerreá. Alguén dixo que tamén se ama cos pés, camiñando, tripando a terra que queremos.Velaquí, xa que logo, este dietario da nosa andaina por Galicia adiante, no que por veces tamén se inclúen lugares e persoas de fóra.Este Penúltimo dietario é unha memoria dos nosos -de Anisia e meus- últimos dezasete anos vivindo no retrinco do mundo onde nacín. Tiña pasado, coma quen di, da aldea ó barco. Levei comigo a lembranza dos meus familiares e veciños, a imaxe do Ulla, os labradíos e os montes de Gres, o Castromouzo, o castro da Pena Andoriña e pouco máis. Tomo conciencia do meu país máis alá do ancho mar, convértome de por vida nun activista galego.Des que nos radicamos en Gres, en 1992, atendemos toda sorte de peticións para contar as nosas experiencias, o que nos permitiu percorrer todo o país, coñecer o seu territorio, achegarnos amorosamente a vilas e cidades, ós seus ríos e montañas, dende Ortigueira a Entrimo e de Fisterra a Becerreá. Alguén dixo que tamén se ama cos pés, camiñando, tripando a terra que queremos.Velaquí, xa que logo, este dietario da nosa andaina por Galicia adiante, no que por veces tamén se inclúen lugares e persoas de fóra.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499142869

Idioma: Gallego

Número de páginas: 312
Tiempo de lectura:
7h 25m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/07/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memorias

Alto: 22.5 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 2.3 cm
Peso: 467.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Neira Vilas


Xosé Neira Vilas (Gres, Val do Ulla, 1928 - 2015), foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É un dos autores clásicos da literatura galega. Autor de ''Memorias dun neno labrego'' (1961), a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega, residiu 43 anos en América, primeiro en Buenos Aires, de 1949 a 1961 (onde fundou coa súa muller Anisia Miranda, Follas Novas, editorial e distribuidora do libro galego); e de 1961 a 1992 na Habana, cidade na que crea e dirixe, durante 22 anos, a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística; fai xornalismo literario e exerce como redactor xefe da revista infantil Zunzún. A súa extensa obra abrangue a prosa narrativa: ''Xente no rodicio'' (1965),'' Camiño bretemoso'' (1967), ''Historias de emigrantes'' (1968), ''A muller de ferro'' (1969), ''Remuíño de sombras'' (1973), ''Aqueles anos do Moncho'' (1977, Xerais 1989), ''Querido Tomás'' (1981), ''Tempo novo'' (1987), ''O home de pau'' (Xerais 1999), ''Relatos mariñeiros'' (Xerais 2003), e unha antoloxía dos seus relatos recollida baixo o título de ''Contos de tres mundos'' (Xerais, 1995); a narrativa infantil: ''Cartas a Lelo'' (1971), ''Espantallo amigo'' (1971), ''O cabaliño de buxo'' (1971), ''A marela taravela'' (1976), ''De cando o Suso foi carteiro'' (1988), ''Chegan forasteiros'' (1993); a poesía, con ''Dende lonxe'' (1960), ''Inquedo latexar'' (1969), ''Poesía recadada'' (1994) ou ''Dende Gres'' (2004); as lembranzas: ''Lar'' (1974), ''Nai'' (1980), ''Pan'' (1986); compilación de artigos: ''O sarillo do tempo'' (Xerais 2004), ''Xentes e camiños'' (Xerais 2005), ''Arredor do mun...
Descubre más sobre Xosé Neira Vilas
Recibe novedades de Xosé Neira Vilas directamente en tu email

Opiniones sobre PENULTIMO DIETARIO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana