📗 Libro en gallego PEQUEÑA MITOLOXIA DE GALICIA

XERAIS - 9788483027059

Mitología Mitología en otras civilizaciones

Sinopsis de PEQUEÑA MITOLOXIA DE GALICIA

Este libro trata dos habitantes imaxinarios de Galicia, os habitantes dun mundo máxico, que non é distinto do real, ou que polo menos non está moi lonxe deste, e pode entreverse algunhas mañás, entre os raios de sol que perforan a néboa; un mundo encantado que se sitúa no afastado horizonte, alí onde apousa o arco da vella os seus beizos e bebe as augas dos ríos, cando chove e vai sol e o demo vai para o Ferrol cargadiño de alfinetes; que se insinúa na espesura dunha fraga, entre vellos carballos, á sombra dos que durmiña un xastre coxo e nugallán, que en sete parroquias non cose para ninguén e non dá tres pases e vano levar os demos; ou nas noites de San Xoán, á escasa luz das fogueiras, cando saltamos o lume novo e imos recoller o sabugueiro, as follas de loureiro bento, a herba cabreira que nace, pasados sete anos, do bafo que botan pola ventá esquerda do nariz os cabalos, e que abre tódalas portas. E pola madrugada, cando nos lavamos coa auga das rosas, sabemos que soñamos con el e que as mouras nos falaban e que as bicabamos na boca, aínda que se presentasen en forma de cobras. Ese mundo de marabillas, se non pode verse, pode sentirse, sexa nos cantos lúgubres das avelaionas e nos misereres da Compaña, sexa no vento que zoa, sexa nas orquestras soterradas baixo as fontes, sexa nas voces das catrocentas bruxas que están todas xuntas, sexa na vella voz da natureza.Os autores deste volume, o mesmo equipo que hai dous anos publicaran o Diccionario dos seres míticos galegos, diríxense agora ao público infantil e xuvenil co obxectivo de que os rapaces e rapazas aprendan a tratar cos mouros, cos ananos, con esoutra xente cativa que habita nos castros, nos pazos soterrados, que voen coas meigas por riba das silveiras e por baixo das carballeiras, ceibe para voar, nun abraiante voo nocturno, se cadra alá na Espenuca de Coirós, se cadra no Monte Faro, entre lóstregos salvaxes, á espera da lúa chea, se cadra sobre o Areal de Areas Gordas, por riba das gamelas e dos asombrados mariñeiros, netos de María Soliña, se cadra polos campos de Toledo ou de Sevilla, no aquelarre maior.

Ficha técnica


Ilustrador: Irene Fra Gálvez, Fino Lorenzo, Enjamio, Teresa Novoa

Editorial: Xerais

ISBN: 9788483027059

Idioma: Gallego

Número de páginas: 112
Tiempo de lectura:
2h 35m

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 04/12/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Es
Peso: 669.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por XOSE MIRANDA RUIZ y ANTONIO REIGOSA CARREIRAS


Xosé Miranda Ruíz (Lugo, 1955). Licenciado en Bioloxía. Profesor de bacharelato no Instituto Xoán Montes de Lugo. Narrador e poeta. Especialista en literatura de tradición oral. Como poeta ten publicado: Sonetosfera (1996), accésit do Premio Esquío 1995; Andantes e viaxeiros (1996), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; Carozo azul (1997); Permiso para o corso (1997), Premio Esquío 1996. A súa poesía está reunida no volume As cidades mergulladas. (Poesía reunida 1973-2002) (Xerais 2003). Como narrador deuse a coñecer co relato Na terra sombría (1988), Premio Modesto Figueiredo; foron as súas obras posteriores: Historia dun paraugas azul (Xerais 1990, 2006), Premio de novela García Barros; A biblioteca da iguana (Xerais 1994, 2006), relatos; A neve e a cadeira (1994), relato longo; A tres bandas (Xerais 1995), novela policíaca; Vestío (1995, Xerais 2008), novela; Partenoxénese (1995), Premio de narrativa fantástica Xenciana, 1994; O demo á orella (Xerais 1996), relatos; «Seis medos» en Antoloxía do conto galego de medo (1996); Morning star (1998), Premio Xerais de novela; Infancia e desventura de Lino Carrán (2000), novela, Ariadna (Xerais 2002), novela; Pel de lobo (Xerais 2002), novela, Premio Merlín 2002; o relato "Tarxeta vermella" publicado en Materia prima (Xerais 2002) e Tarxeta vermella (Xerais 2003), relatos. Os seus contos de medo están recollidos nos volumes Triloxía pánica (Xerais 2000) e As mans do medo (Xerais 2007). Como autor de literatura infantil publicou: Lúa e os nubeiros (2000), O coello Federico (2000), Feitizo (Xerais 2001), Álvaro e Álvaro (Xerais 2004), Federico na silveira (Xerais 2006), ''Amancio Amigo e o meigo de Salamanca'' (Xerais 2006) e "Amancio Amigo e o Demo da Botella" (Xerais 2008). Tamén é coautor xunto con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba do Diccionario dos seres míticos galegos (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo é co-autor dos volumes Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (Xerais 2001), Pequena mitoloxía de Galicia (Xerais 2001), Cando os animais falaban (Xerais 2002), Antoloxía do conto galego de tradición oral (2002) e Arrepíos e outros medos (Xerais 2004) e A flor da auga (Xerais 2006), ambos os dous volumes pertencentes á serie "Lendas de Galicia".
Descubre más sobre XOSE MIRANDA RUIZ
Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo 1958) é escritor, investigador e divulgador da nosa cultura popular. Cronista oficial de Mondoñedo. Traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo. Cofundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral. Tamén é coautor, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramiro Cuba, do "Dicionario dos Seres Míticos Galegos" (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo, é coautor dos volumes "Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega" (Xerais 2001), "Pequena mitoloxía de Galicia" (Xerais 2001), "Cando os animais falaban" (Xerais 2002), "Arrepíos e outros medos" (Xerais 2004) e "Antoloxía do conto galego de tradición oral" (2002). Xunto coa ilustradora Noemí López, publicou os álbums "Guía ilustrada da Galicia invisible" (Xerais 2010) e "Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal" (Xerais 2011). Como autor de literatura infantil publicou: "Memorias dun raposo" (Xerais 1998), novela, Premio Merlín; "Resalgario" (Xerais 2001), novela, Premio Raíña Lupa de literatura infantil 2000; "O galo avisado e o raposo trampulleiro" (Xerais 2003); "Bacoriño" (Xerais 2004); "O aprendiz de home do saco" (Xerais 2013) e "O raposo aviador que voa sen motor" (Xerais 2019). En 2014 preparou a edición de "Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías", e xunto con Antonio García Teijeiro publicou "Lendo lendas, digo versos" (Xerais, 2015), Premio Gala do Libro Galego 2016 (Iniciativa Bibliográfica) e Lista de Honra do IBBY, 2018.
Descubre más sobre ANTONIO REIGOSA CARREIRAS

Opiniones sobre PEQUEÑA MITOLOXIA DE GALICIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana