Minuciosa viaxe polas ribeiras do río Miño, desde o seu nacemento na serra de Meira, ata a desembocadura en Caminha, o autor móstranos un largo paseo polas vellas cidades episcopais –Lugo, Ourense, Tui–; a coñecer os cenobios do Císter; os castros celtas, pazos, illas, pobos anegados, tradicións relixiosas, festas populares, a gastronomía. Ó camiñante, ó amante da poesía, ó nómada seducido polas lendas, o Miño daralle sorpresas agradabeis.
Ficha técnica
Ilustrador: Tono Arias
Editorial: Nigratrea
ISBN: 9788495364340
Idioma: Gallego
Número de páginas: 198
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/12/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Estro Montaña
Estro Montaña (Betanzos, 1956) realizou estudos de Dereito e Filosofía na Universidade de Santiago. É escritor, profesor de Literatura e crítico literario. Como narrador publicou as novelas La última isla (1993), Pancarta para Xulia (1994) e O tesouro de Catoira (2010); o libro de relatos As armas delicadas (Xerais, 1997), e unha crónica novelada sobre Dona Urraca (2008). É autor dunha biografía sobre Diego Xelmírez (2007) e de libros de viaxe como A costa da morte: un litoral insólito (1999) e Polos vieiros do vello Miño (2005). Como ensaísta escribiu Guía comentada de Rafael Dieste (2006), e participou en libros como Sempre en Auria (Xerais, 1993) e Rafael Dieste. Heterodoxia e paixón creadora (Xerais, 1995). Foi membro do consello de redacción de Galicia Literaria e do Faro das letras e colaborou en varios diarios e revistas de Galicia, moi especialmente nas páxinas de Faro da Cultura.