VOLVE ROMPENTE. Entre 1976 e 1983, Antón Reixa, Manuel M. Romón e Alberto Avendaño mantiveron viva unha actitude literaria rompedora en Galicia que comezou chamándose Grupo de Resistencia Poética e desembocou no que marcaría as súas vidas: O Grupo de Comunicación Poética Rompente. Publicaban poemas con aquela técnica de impresión coñecida como «vietnamita» e multicopias con clixés. Eran, en doses inexactas, un chisco «beat» e un chisco guerrilleiros. Avendaño, Reixa e Romón fundaron Rompente Edicións e publicaron «Silabario da turbina» (1978) e «A dama que fala» (1983). En 1979, a serie Tres Tristes Trigues vería a publicación de 3 libros de autor: «As Ladillas do Travesti» (Reixa), «galletas kokoshka non» (Romón9 e «Facer Pulgarcitos Tres» (Avendaño). Logo, reecontraríanse na antoloxía poética «Upalás» (1998). Facían «performances» e estaban obsesionados coa linguaxe «multimedia». Subíanse a escenarios con músicos como Julian Hernández (antes de que se fundase Siniestro Total), e colaboraban con pintores como Menchu Lamas e Antón Patiño para visualizar a súa expresión poética. Hoxe, uns 40 anos despois, teiman na poesía e volven dirixirse a palabra aínda que seguen falando sós.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Elvira
ISBN: 9788412518504
Idioma: Castellano
Número de páginas: 288
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 08/04/2022
Año de edición: 2022
Plaza de edición: Es
Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Alberto Avendaño
Alberto Avendaño residiu 30 anos nos Estados Unidos e, recentemente, regresou a Galicia para seguir escribindo. Como xornalista traballou para "The Washington Post" e recibiu tres Premios Emmy da Academia da TV dos Estados Unidos. Formou parte do Grupo Rompente, xunto a Antón Reixa e Manuel Romón, que revolucionou a poesía galega nos anos da transición á democracia española. Parte da súa obra poética está publicada en castelán e inglés nos Estados Unidos, onde é membro da Academia Norteamericana de la Lengua Española. En literatura para lectores novos, Avendaño conta con dous Premios Barco de Vapor en Galicia.