📗 Libro en gallego SAMOS

Edicións Xerais - 9788499140308

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de SAMOS

Cando se cumpren cincuenta anos do falecemento de Ramón Cabanillas, Xerais reedita un libro inatopable que agora cobra vida propia: Samos. A Biblioteca das Letras Galega pon na man dos lectores e lectoras o emblemático libro de Cabanillas nesta coidadosa edición prologada e notada por Carlos L. Bernárdez. Samos, publicado orixinalmente en 1958 (o derradeiro que viu a luz en vida do autor) é un extraordianrio poema épico-didáctico, de inspiración relixiosa e maxistral dominio técnico, onde o poeta procura o seu propio equilibrio interior, constituíndo unha obra cimeira da nosa tradición no que se refire á poesía descritivaCando se cumpren cincuenta anos do falecemento de Ramón Cabanillas, Xerais reedita un libro inatopable que agora cobra vida propia: Samos. A Biblioteca das Letras Galega pon na man dos lectores e lectoras o emblemático libro de Cabanillas nesta coidadosa edición prologada e notada por Carlos L. Bernárdez. Samos, publicado orixinalmente en 1958 (o derradeiro que viu a luz en vida do autor) é un extraordianrio poema épico-didáctico, de inspiración relixiosa e maxistral dominio técnico, onde o poeta procura o seu propio equilibrio interior, constituíndo unha obra cimeira da nosa tradición no que se refire á poesía descritiva

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499140308

Idioma: Gallego

Número de páginas: 128

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 26/01/2010

Año de edición: 2010

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

Alto: 19.1 cm
Ancho: 13.1 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 135.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Ramón Cabanillas


Ramón Cabanillas Enríquez (Fefiñáns, Cambados 1876-Cambados 1959) foi un dos poetas primeiros en lingua galega do século XX. Con trinta e catro anos emigrou á Habana, onde residiu entre 1910 e 1915 e publicou os seus dous primeiros poemarios No desterro (1913, Xerais 2009) e Vento mareiro (1915, Xerais 1995). De volta a Galicia, traballou como funcionario de varios concellos e coñeceu a loita agrarista. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente n' A Nosa Terra. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega, onde leu o discurso titulado "A saudade nos poetas galegos" e en 1929 da Real Academia Española, onde ingresou cun ensaio sobre Eduardo Pondal. Durante os anos vinte publicou Da terra asoballada (1926, Xerais 1994) e as novas edicións dos poemarios publicados na Habana. A instancias de Antón Vilar Ponte, escribiu as pezas dramática A man de Santiña (1921, Xerais 1996) e a traxedia histórica O mariscal (Xerais 1996). En 1926 viu a luz o poemario Na noite estrelecida (Xerais 1988) onde, seguindo as teorizacións de Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionen como símbolos produtivos. Porén, recuperou o lirismo intimista no poemario amoroso A rosa de cen follas (1927, Xerais 1992). Instalado en Madrid, o poeta atravesou un longo período de silencio que rompería a finais da década de 1940 con Camiños no tempo. Comezou entón unha nova etapa en que viron a luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958, Xerais 2009), o seu derradeiro libro publicado en vida. Os catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro, con motivo do 50 aniversario do pasamento do poeta, reuniron a súa obra poética no volume Poesía galega completa (Xerais 2009).
Descubre más sobre Ramón Cabanillas
Recibe novedades de Ramón Cabanillas directamente en tu email

Opiniones sobre SAMOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana