¡Vaya! Ahora no tenemos el libro en esa edición, quizá te interese alguna de estas otras


📗 Libro en gallego SOÑOS ELECTRICOS

XERAIS - 9788475076898

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de SOÑOS ELECTRICOS

O tema central é a cultura de masas, concretamente o universo do rock and roll, con moita influencia de músicos como David Bowie e referencias ó cine e ó cómic. A novela está ambientada nun mundo futurista, que pode ser herdeiro do de Blade Runner, a película de Ridley Scott, ou de Un mundo feliz, de Aldous Huxley.Sobre a estructura da novela é "coma unha acumulación de relatos curtos ou aventuras, unidos pola presencia de dous personaxes centrais, que viven nunha sociedade pechada, nunha cidade que está illada do entorno, ecoloxicamente estragado. Nesa cidade, Alfa, temos a estes dous personaxes, un pertencente á alta sociedade, un artista chamado Estevodavic, e outro á clase baixa, un asasino chamado Xandor F. A novela conta a vida dos dous, os encontros e desencontros que teñen nas cinco partes de que consta a obra"."Soños eléctricos recolle a tradición da ciencia ficción que podemos chamar "sociolóxica", que ten un dos seus máximos representantes actuais no americano Frederick Pohl, e foi iniciada por H. G. Wells, quen, frente á liña da ficción científica e tecnolóxica ó estilo de Verne, opta por especular coa evolución psicolóxica e social do home sometido á presión destas novas tecnoloxías."

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475076898

Idioma: Gallego

Número de páginas: 176
Tiempo de lectura:
4h 7m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/12/1992

Año de edición: 1992

Plaza de edición: Es
Peso: 231.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Ramón Caride Ogando


Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario «Paisaxe de verde chuvia» (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como «Soños eléctricos» (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; «Sarou» (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio «Sarou / Louzós» (Xerais, 2012); «O frío azul» (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); «O sangue dos camiños» (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; os libros de relatos «Flash-Black 13» (2014), «Exogamia 0.3» (Xerais, 2011), «Endogamia 0.2» (Xerais, 2013), «Singamia 1.1» (Xerais, 2019), «Dedre» (Xerais, 2004) ou «Liquidación de existencias» (Xerais 2016). O volume antolóxico «As máscaras de Cronos» (Xerais, 2006), «A chuvia humana» (2011), e «Criptografías» (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: «Perigo vexetal» (Premio Merlín 1995), «Ameaza na Antártida» (1997), «O futuro roubado» (1999), «A negrura do mar» (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e «O camiño da Estadea» (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil, publicou en Xerais «Andanzas de Xan Farrapeiro» (2009), «A pomba dona Paz» (2012), «Catro amigos pillabáns» (2012), «O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas» (2013), «As viaxes de Ruki» (2014), «Sara ten un segredo» (2018) e «As músicas viaxeiras» (2021).
Descubre más sobre Ramón Caride Ogando
Recibe novedades de Ramón Caride Ogando directamente en tu email

Opiniones sobre SOÑOS ELECTRICOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana