Arquipélago de St. Kitts e Nevis. Un home recupera a liberdade xusto no momento no que a súa memoria empeza a esclarecer que foi del nos últimos anos. Unha treboada está a piques de azoutar as illas e a súa vida. Xavier Queipo recupera un personaxe das súas obras Malaria sentimental e Os kowa nunha obra sobre a amizade e a traizón. «Unha trama envolvente e fascinante», dixo de Tamarindo o xurado do Premio Vilar Ponte. VI PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE 0
Ficha técnica
Editorial: Aira
ISBN: 9788412987966
Idioma: Gallego
Número de páginas: 144
Tiempo de lectura:
3h 21m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/03/2025
Año de edición: 2025
Plaza de edición: España
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Peso: 1.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier Queipo
Xavier Queipo (Compostela, 1957). Dende 1990 escribe e publica regularmente en galego. É autor, entre outros libros, de «Ártico e outros mares» (narrativa breve, 1990), «Ringside» (contos, 1993), «O Paso do Noroeste» (novela, 1996), «Malaria sentimental» (novela, 1999), «Papaventos» (novela, 2001), «O ladrón de esperma» (contos, 2001), «Os ciclos do bambú» (contos, 2003), «Glosarios» (poesía, 2004), «O espello e o dragón» (literatura infantil, 2005), «Dragona» (novela, 2007), «Caderno da Revolución Cultural» (crónicas radiofónicas, 2007), «Saladina» (novela, 2007), «Felices e diferentes» (crónicas radiofónicas, 2009), «A illa dos cangrexos violinistas» (literatura infantil, 2009), «Cartas marcadas» (ensaio, 2010), «Ártico 2.0» (narrativa breve, 2011), «Extramunde» (novela, 2011, Premio Xerais de Novela, Premio Arcebispo San Clemente); «55» (relatos, 2014), «Os Kowa» (novela, 2016, Premio Eduardo Blanco Amor 2015), «Home invisíbel (poesía, Premio Illas Sisargas de poesía erótica, 2018), «Minutos para medianoite» (poesía, escrito a catro mans con Ramón Neto), «Corazón de Manteiga» (novela, 2020), «Final feliz» (relatos, 2022) e 66 (Xerais, 2025). Membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007. Recibiu varios premios en Galicia, entre eles o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor escritor galego en 2011, o Premio da Crítica española en 1991 e o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura (en colaboración), pola tradución do «Ulysses» de Joyce ao galego (2014). Participou en numerosos libros colectivos e antoloxías. Traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert, e do inglés a Conrad e Joyce. Obras súas están traducidas ao castelán, portugués, francés e italiano. Fotografía do autor: Cé Tomé.