Unha das actividades favoritas de Irene é sacarlle fotos a canto animal ou planta atopa para logo tratar de recoñecer a súa identidade. É unha experta en fotografar avelaíñas cunha trampa de luz. Sabe que para collelas debe pórlles unha fonte luminosa e un pouco de auga azucrada e logo agardar a que as presas acudan ao reclamo. A presenza na vila do tanxedor de campás provocou que ocorrese algo fóra do normal. Co son das badaladas apareceron na praza uns paxaros de plumaxe maxestosa, unha especie descoñecida da que Irene non atopou referencia ningunha cando consultou nas guías de aves da biblioteca do seu pai, un territorio ideal para osmar nos segredos. Mais non será ese o único acontecemento estraño e inquietante que sucederá na vila. Algo inexplicable ocorre cos animais. Unha novela de medo e fantasía, na liña das mellores historias de H. P. Lovecraft, sobre a estarrecedora procura dun segredo aniñado nas tebras da noite.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499143743
Idioma: Gallego
Número de páginas: 80
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 14/05/2012
Año de edición: 2012
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 91.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Agustín Agra
Agustín Agra (Noia,1966). Tras desenvolver o seu traballo en diversos centros educativos do país, hogano exerce como profesor de Bioloxía no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Ademais de vinte anos de participación na Asociación Cultural Barbantia, da súa autoría son as obras «O tesouro da lagoa de Reid Is» (Xerais, 2006; Premio Merlín), «Cazaría salvaxe» (Xerais, 2008), «O recendo das mimosas» (Xerais, 2009), «A treboada de C» (2009), «Trampa de luz »(Xerais, 2012), «Cor animal» (2015), «Silencio» (2020) e «Libro das contrarias» (Xerais, 2025, Premio Ánxel Fole). Neste tempo recibiu o Premio Modesto R. Figueiredo do ano 2004 e o primeiro accésit de 2005, gañou o concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia nos anos 2016 e 2019 e foi finalista do Certame Manuel Murguía do ano 2023.