Recreación do conto tradicional de A Sereíña a cargo de Xosé A. Neira Cruz, coa colaboración da Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical ("Mares nocturnos", de Manuel Balboa) e da voz da actriz de dobraxe María Inés Cuadrado. Un bico de amor e vida ofrece varios contidos nun só contedor. Coma unha botella guindada ao mar, dependendo de quen lea a mensaxe que vai dentro atopará un ou outro significado. Haberá quen quede co relato actualizado do conto d’A Sereíña, de Hans Christian Andersen. Certo que a a sombra benéfica do autor dinamarqués anda detrás deste proxecto, se ben, en Un bico de amor e vida a serea e mais o home humano viven un amor igualitario, sen necesidade de concesións nin de transformacións imposibles, coas lóxicas eivas que evidencia unha relación dacabo de dous mundos distintos: o de auga e o de terra. Será posible un amor así? A carón do conto, está a historia. A nosa historia inmediata. A traxedia do Prestixe –cando o azul do mar se nos volveu negro- tan ben reflectida na primeira ilustración realizada para este álbum por Enjamio. Quizais porque, ademais de que convén non esquecer, tamén hai que ter en conta que nun desastre ecolóxico desas características non só os humanos sofren, tamén as criaturas do mar están a padecer as súas consecuencias de forma directa e inmediata. A botella con mensaxe dentro –ou con mensaxes superpostas- complétase coa música de Manuel Balboa, eses mares nocturnos que encerran toda a maxestade do mar, pero tamén toda a súa posible tristura. Literatura, Ilustración e Música. Amor, Mar e Lembranza. Tradición, presente e modernidade. Velaquí os contidos desta botella con mensaxe que chegou arestora á praia de Editorial Galaxia. Abonda con axitala, destapala e ulila. A fragancia deses contidos aparecerá combinada ao gusto de cada lector/a. Iso si: cun profundo ulido a mar. Un bico de amor e vida é unha proposta literaria de Xosé A. Neira Cruz, que conta coa
Ficha técnica
Ilustrador: Luís Castro Enjamio
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498651423
Idioma: Gallego
Número de páginas: 40
Tiempo de lectura:
50m
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 17/02/2009
Año de edición: 2009
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Musicontos
Musicontos
Número: 3
Alto: 22.0 cm
Ancho: 29.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé A. Neira Cruz
XOSÉ A. NEIRA CRUZ é xornalista, escritor e profesor na USC. Licenciado en Xornalismo e Filoloxía Italiana, é doutor en Comunicación e en Filoloxía Italiana, e máster en Dereito Premial. Autor de máis de 30 obras, recibiu, entre outros, o Premio Merlín (1988 e 2000); o Barco de Vapor (1997 e 1999); o Raíña Lupa (2002); o Lazarillo (2004); o Fiz Vergara Vilariño de poesía (2007); o White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic (2005 e 2009); o IBBY Honour List (2006); o Los Mejores del Banco del Libro de Venezuela (2006); o Premio ao mellor libro estranxeiro no Brasil en 2008, da FNLIJ; os premios Barriga Verde e Manuel María de teatro (2008, 2009 e 2010), o Premio Repsol de Narrativa (2017) e o Carlos Mosteiro de literatura infantil (2019). Autor convidado nas feiras do libro de Buenos Aires (2006), La Habana (2008) e Guadalajara (2009), no Salão do Livro de Rio de Janeiro (2007), no Berlin Litteratur Festival (2009) e no festival Favole in crescita, Montecassino (2016). Con Veleno de tinta impresa (Xerais, 2020) gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta.