Xabier P. Docampo propón aos lectores unha narración engaiolante que explica as razóns polas que unha illa anda polo mar adiante desde non se sabe cando, unha historia desas moi vellas, a dun home que tivo todo o mar dentro da cabeza. Un conto de tres noites forma parte desa rede de historias que nos explican a vida, porque ningún castigo merece ser eterno, porque ningunha culpa é imperdoable. Xabier P. Docampo confesa, ao inicio deste conto marabilloso,a súa identidade chairega e a súa señardade do mar. Quizais por esta característica propón aos lectores unha narración engaiolante que explica as razóns polas que unha illa anda polo mar adiante desde non se sabe cando, unha historia desas moi vellas, a dun home que tivo todo o mar dentro da cabeza. Iso é o que o Visito conta durante tres noites, a historia do rei Gaoth, guerreiro valente e astuto, vencedor en centos de batallas, que tivo o mar dentro da súa cabeza. Dende o miradoiro dunha altísima torre, contruída na beiramar, Gaoth esculca arreo o mar, enxergando cada sombra que as nubes debuxan na tona da auga, ata identificar a presencia dunha illa dunha cor verde intensa que apareceu no mar sen advertencia nin explicación ningunha. Un conto de tres noites forma parte desa rede de historias que nos explican a vida, porque ningún castigo merece ser eterno, porque ningunha culpa é imperdoable. Conto ilustrado coa xenialidade a que nos ten afeitos Xosé Cobas. Xabier P. Docampo (Rábade, 1946) deuse a coñecer como narrador en 1986 coa publicación da novela O misterio das badaladas e coa colección de relatos, escritos entre 1979-1984, Cun ollo aberto e outro sen cerrar. Dende aquela publicou unha extensa obra literaria, que o acreditan como un dos autores máis recoñecidos da literatura infantil galega e da narración ensarillada na tradición do conto de tradición oral, da que podemos citar obras como: A chave das noces (1987), novela negra de ambiente urbano galego; A nena de auga e o príncipe de lume (Xerais 1988); O armario novo de Rubén (Xerais 1989); A casa do porco bravo e Roxelio e a couza (Xerais 1991); O país durminte (Xerais 1993); Cando petan na porta pola noite (Xerais 1994), Premio Rañolas 1994 ó mellor libro galego editado nese ano, Premio Nacional de Literatura Infantil (1995) e elixido para a
Ficha técnica
Ilustrador: Xose Cobas
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483027233
Número de páginas: 90
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 26/01/2002
Año de edición: 2001
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por XAVIER P. DOCAMPO y XOSE COBAS
Xabier P. DoCampo (Rábade, 1946 - A Coruña, 2018). Mestre e escritor, é autor dunha extensa obra narrativa, en boa parte traducida ás linguas peninsulares. Mereceu o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e A Letra E da AELG en 2014. Entre as súas obras máis destacadas están as seguintes: «O armario novo de Rubén» (Xerais 1989); «A nena de auga e o príncipe de lume» (Xerais 1990-2012); «A casa do porco bravo e Roxelio e a couza» (Xerais 1991); «Adelaida, Henrique e demais familia» (1996); «Nube de neve» (2000), «¿Víchela, víchela?» (2001), «Os ollos de Ramón» (2001), «A decisión de Valerio» (Xerais 2005), «O misterio das badaladas» (1986, Xerais 2011), novela; «Cun ollo aberto e outro sen cerrar» (1987), relatos; «A chave das noces» (1988, Xerais 2018), novela; «O país adormentado» (Xerais 1993, 2012), novela; «Cando petan na porta pola noite» (Xerais 1994), relatos, Premio Rañolas ao mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); «O pazo baleiro» (1997, Xerais 2002), novela; «O home que inventou unha maneira de andar» (1998), novela; «Catro cartas» (2000, Xerais 2020), relatos; «Un conto de tres noites» (Xerais 2001), relatos; «A casa da luz» (Xerais 2002), novela; «O libro das viaxes imaxinarias» (Xerais 2008), Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008; «A illa de todas as illas» (Xerais 2013), novela, «A nena do abrigo de astracán» (Xerais 2017), novela, Premio Gala do Libro Galego 2018, e «Contos de obxectos» (Xerais 2021), relatos.
Is a teacher in A Coruña, as well as an actor, theater writer, and film and video script director. He has worked as a scriptwriter for Spanish National Radio. He was the first president of the Galician Association of Children’s and Young Adult Literature (GALIX). Among the children’s and young adult books written by this well-known and prolific author are O misterio das badaladas, Cun ollo aberto e outro sen cerrar, A chave das noces, O país durminte, O pazo baleiro, O home que inventou unha maneira de andar, O armario novo de Rubén, Adelaida, Henrique e demais familia, Os ollos de Ramón, and Nube de Neve. He is the winner of the Rañolas Award for best book of the year and the Spanish National Children’s and Young Adult Literature Award (1995).