leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego UNHA ROSA E UNHA ROSA

Edicións Xerais - 9788411102865

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de UNHA ROSA E UNHA ROSA

Unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea.

"Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. A vella Rosa é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente Colombo, do que sabemos da súa ascendencia galega. A morte da vella Rosa, en estrañas circunstancias, desencadeará unha divertidísima trama de enredo, parodia da ambición desmedida da sociedade actual, que rematará cunha inevitable hecatombe tráxica.Os diálogos chispeantes, a presenza da sociedade mediática actual (concibida como un diálogo ermanente coa televisión) e a crítica máis mordaz á sociedade da «comodidade e da ambición» fan desta raxicomediade Suso de Toro unha lectura absolutamente recomendable."Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. A vella Rosa é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente Colombo, do que sabemos da súa ascendencia galega. A morte da vella Rosa, en estrañas circunstancias, desencadeará unha divertidísima trama de enredo, parodia da ambición desmedida da sociedade actual, que rematará cunha inevitable hecatombe tráxica.Os diálogos chispeantes, a presenza da sociedade mediática actual (concibida como un diálogo ermanente coa televisión) e a crítica máis mordaz á sociedade da «comodidade e da ambición» fan desta raxicomediade Suso de Toro unha lectura absolutamente recomendable.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788411102865

Idioma: Gallego

Número de páginas: 112
Tiempo de lectura:
2h 35m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/03/2023

Año de edición: 2023

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Teatro

Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 191.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Suso de Toro


Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990, 2023), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994/2024), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela; "Un señor elegante" (2020), novela; "O segredo de Joseph Haydn" (2024), novela e «Conta, Sherezade» (2025), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017), "Dentro da literatura" (2019) e "Descubrindo Ana Pontón" (2023). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997, 2023) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.
Descubre más sobre Suso de Toro
Recibe novedades de Suso de Toro directamente en tu email

Opiniones sobre UNHA ROSA E UNHA ROSA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana