📗 Libro en gallego XOSE MARIA ALVAREZ BLAZQUEZ. VIDA E OBRA

Edicións Xerais - 9788497827157

Estudios literarios Biografías y estudios de escritores

Sinopsis de XOSE MARIA ALVAREZ BLAZQUEZ. VIDA E OBRA

Este libro é un retrato global de Xosé María Álvarez Blázquez, un dos membros máis destacados da dinastía dos Álvarez, e da súa inmensa obra cultural. Poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta, filólogo, folclorista, bibliófilo, filatélico, conferenciante, historiador, arqueólogo, creador dun museo, xornalista radiofónico, profesor, cronista oficial da cidade de Vigo e editor xenial, Xosé María Álvarez Blázquez foi talvez o intelectual galego máis completo e poliédrico do seu tempo. Dende o coñecemento erudito e a profunda admiración e o amor á figura do polígrafo humanista, de quen foi colaborador durante catro anos en edicións Castrelos, Darío Xohán Cabana realiza un completísimo pecorrido biográfico, ao tempo que un estudo profundo da súa obra literaria galega, das súas grandes escolmas e estudos literarios e do seu labor como editor e primeiro responsable de Edicións Monterrey e Edicións Castrelos. Este é un volume imprescindible para o coñecemento da figura total e do traballo hercúleo de quen a sociedade galega homenaxea no Día das Letras Galegas 2008.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497827157

Idioma: Gallego

Número de páginas: 216
Tiempo de lectura:
5h 5m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/02/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Es

Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - LETRAS GALEGAS

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 430.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Darío Xohán Cabana


Darío Xohán Cabana (Roás, 1952) traballou en Edicións Castrelos, foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 elaborou o encrucillado galego diario en «La Voz de Galicia», foi membro do Consello de Redacción de «A Trabe de Ouro» e académico numerario da Real Academia Galega desde o 2006. Como poeta obtivo, entre outros, os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). É autor de distintos libros de poesía, reunidos no volume «Vinte cadernos. Poemas 1969-2002» (Xerais, 2003), e de «Cabalgada na brétema» (2006). Galardoado tamén como narrador, destacan «Galván en Saor» (Premio Xerais de novela, 1989), un clásico da literatura galega recente; «Fortunato de Trasmundi» (Xerais, 1990); «Vidas senlleiras» (Premio Cidade de Lugo, Xerais, 1992), a partir dun seu conto, fíxose a película «A mariñeira» (Antón Dobao, 2008); «O cervo na torre» (Premio Xerais de novela, 1994), «Morte de rei» (Xerais, 1996) e «Mitos e memorias» (Xerais, 2003). Escribiu tamén para o público infantil e xuvenil «As aventuras de Breogán Folgueira» (Xerais, 1990), «Chucho Cacho» (Xerais, 1994), «As viaxes do príncipe azul» (1993), etc. En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florencia pola súa tradución d'«A divina comedia» de Dante. É autor, ademais, de antoloxías, guías, traballos historiográficos e biografías como «A chegada a Lugo do primeiro tren» (2005) ou «Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra» (Xerais, 2008). A súa traxectoria biográfica está recollida no libro «Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita» (Xerais, 2007). Nos seus últimos anos dedicouse fundamentalmente á tradución: os trobadores occitanos, de novo Petrarca e Dante (2011, 2012 e 2014) e varias novelas francesas. «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» (Xerais, 2022), é unha recompilación de pequenos ensaios en forma de artigos e conferencias. Morreu o 16 de novembro de 2021 deixando máis de 50 libros publicados e unha inmensidade de ideas, palabras e proxectos na gabeta.
Descubre más sobre Darío Xohán Cabana
Recibe novedades de Darío Xohán Cabana directamente en tu email

Opiniones sobre XOSE MARIA ALVAREZ BLAZQUEZ. VIDA E OBRA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana