Antía Nara traballa como investigadora e reside en Berlín. A súa primeira novela é Aquel Lugar (Xerais, 2007). Cara ao leste (Xerais, 2016) é a súa segunda novela.
Recibe novedades de ANTIA NARA directamente en tu email
O velorio é un tempo de recollemento, de asumir o dó mediante os recordos dun pasado que axudan a levar a perda. Só que a mirada atrás se bota desde un presente que dá conta dunha traxectoria chea de medo, de represion, de fuxida ou o de conformismo polo que non puido ser. Na sala, nunha fria noite de xeada de febreiro, catro mulleres acompañan a ultima noite de Isolina, a finada. Nas longas horas debullan os momentos pasados que as uniron e que delatan a procura dunha vida mellor. Reencontranse tras moitos anos logo de que, a raiz dun incendio, as suas vidas transcorresen por camiños diferentes. Durante o velorio non estan soas, a aldea eterna enfrontase unha vez mais a morte coa sua propia idiosincrasia, mais esta vez algo alterada pola desaparicion dun veciño, un feito novo, incomprensible para o que ten que ser. O velorio e un momento onde a comunidade dividida ten a derradeira oportunidade para se redefinir nun exercicio de recoñecemento mutuo. Compartese o que separa sen deixar fluir o mais profundo antes de que chegue a luz do dia e devolva a cada unha ao mundo cotian en que habita. Cara ao leste propon unha reflexion incomoda sobre o punto de partida e o dilema que leva a procura de novos territorios.O velorio é un tempo de recollemento, de asumir o dó mediante os recordos dun pasado que axudan a levar a perda. Só que a mirada atrás se bota desde un presente que dá conta dunha traxectoria chea de medo, de represion, de fuxida ou o de conformismo polo que non puido ser. Na sala, nunha fria noite de xeada de febreiro, catro mulleres acompañan a ultima noite de Isolina, a finada. Nas longas horas debullan os momentos pasados que as uniron e que delatan a procura dunha vida mellor. Reencontranse tras moitos anos logo de que, a raiz dun incendio, as suas vidas transcorresen por camiños diferentes. Durante o velorio non estan soas, a aldea eterna enfrontase unha vez mais a morte coa sua propia idiosincrasia, mais esta vez algo alterada pola desaparicion dun veciño, un feito novo, incomprensible para o que ten que ser. O velorio e un momento onde a comunidade dividida ten a derradeira oportunidade para se redefinir nun exercicio de recoñecemento mutuo. Compartese o que separa sen deixar fluir o mais profundo antes de que chegue a luz do dia e devolva a cada unha ao mundo cotian en que habita. Cara ao leste propon unha reflexion incomoda sobre o punto de partida e o dilema que leva a procura de novos territorios.
En Aquel lugar, unha muller emprende unha viaxe a Lahore, Paquistán, unha cidade de encontro convertida agora nun lugar inseguro porque se pensa que alí se agachan destacados terroristas. En certa medida, Paquistán é un país á deriva, perdido na procura da súa identidade; un país de terras profundas onde a vida, para unha moza como Talat, non é doada. Pero, lonxe, en Galicia, hai outra terra profunda semellante á de al-Luaira. É o punto de procedencia dunha moza que decide a viaxe como un xeito de liberación, pero que atopa o mesmo. Nesta novela, o debut literario de Antía Nara, mestúrase a violencia xeral coa particular, a tradición coa modernidade, o profundo coa superficialidade, a simplificación coa complexidade de dous mundos deixados á marxe. Polo momento, a viaxe queda como a única saída.