A realidade como aparenciaOs contos que forman este libro de Antón Dobao son diferentes entre si pero todos teñen en común unha arela por transitar zonas prohibidas. A perda é unha constante destes relatos, a sensacion de final case apocaliptica e outra das atmosferas que pairan sobre As ilusions estrañas. Un xogo de luces e sombras que, ao esvaeceren, deixan a vista unha realidade distinta do que en principio aparentaba.A fronteira entre o real e o imaxinario, ese territorio no que a realidade parece que perde a sua consistencia, e o lugar onde aniñan As ilusions estrañas. Anton Dobao amosa unha habelencia insolita para escoller os feitos narrados as situacions, os personaxes que as viven e as palabras coas que estes se narran. Tratase do xogo da ficcion, no que o autor introduce a quen le sen que, ata o momento preciso, este se dea decatado das regras que gobernan os feitos e a xente dese mundo aparentemente proximo e doadamente intelixible.Velaqui o que escribiu Giacomo Leopardi sobre as ilusions no seu Zibaldone di pensieri:"O pracer mais solido desta vida e o pracer van das ilusions. Eu considero as ilusions como algo en certo xeito real, tendo en conta que son ingredientes esenciais do sistema da natureza humana [...] de maneira que non e licito explicalas como soños dun unico ser humano senon c...
Estes contos incertos de Antón Dobao apuntan ao horizonte do que non é predicible. Son trece historias nas que o extraordinario, o inesperado, acaba por se converter na marca distintiva dunhas vidas aparentemente normais. Porque nada do aparente e real e a realidade habita outras dimensions. Nestes relatos, as personaxes non son apenas monecos nas mans dun fado caprichoso, senon que tecen a sua vontade, cos seus actos, cos seus desexos e os seus temores, as encrucilladas en que se veran atrapadas as suas vidas. Para o lector, o inesperado accede en toda a sua naturalidade, con toda a crueldade, con absoluta fereza; fai agromar os recantos menos coñecidos evidenciando o principio de incerteza. Mais sobre todas estas historias aboia inevitablemente aquilo que nos caracteriza como humanos: a necesidade de comunicar, de amar, de negar a presenza imperial da morte. E as multiples faces do poder.Estes contos incertos de Antón Dobao apuntan ao horizonte do que non é predicible. Son trece historias nas que o extraordinario, o inesperado, acaba por se converter na marca distintiva dunhas vidas aparentemente normais. Porque nada do aparente e real e a realidade habita outras dimensions. Nestes relatos, as personaxes non son apenas monecos nas mans dun fado caprichoso, senon que tecen a sua vontade, cos seus actos, cos seus desexos e os seus temores, as encrucilladas en que se veran atrapadas as suas vidas. Para o lector, o inesperado accede en toda a sua naturalidade, con toda a crueldade, con absoluta fereza; fai agromar os recantos menos coñecidos evidenciando o principio de incerteza. Mais sobre todas estas historias aboia inevitablemente aquilo que nos caracteriza como humanos: a necesidade de comunicar, de amar, de negar a presenza imperial da morte. E as multiples faces do poder.