Margot Sponer foi en 1935 seguramente a autora da primeira tese presentada nunha Universidade, a de Berlín, sobre a lingua galega. Titulada Altgalizische Urkunden ou Documentos antigos de Galicia, era un texto semellante en forma e funcions ao que M. Pidal publicara en 1919 sobre documentos medievais castelans. A Margot Sponer tocoulle no Terceiro Reich vivir unha violencia extrema fronte a que nunca se someteu. Neste estudo intentase reconstruir, de maneira entrecortada os datos son irregulares, unha vida de investigacion, pero tamen de dignidade, de respecto e de axuda aos demais que a levou a participar na resistencia contra o nazismo en Alemaña. Aportase documentacion sobre a preparacion do seus traballos en Galicia en 1926, sobre a sua elaboracion e presentacion en Berlin en 1935. Con esta sua tese e como membro do Romanisches Seminar da Universidade de Berlin, Margot Sponer apoiou a homologacion da lingua galega como obxecto da ciencia filoloxica europea e contribuiu a internacionalizacion da nosa cultura como tradicion de dignidade dende a Idade Media.Nunha epoca durisima, Margot Sponer amosou respecto polo individuo, capacidade para identificar e soster os principios eticos da convivencia entre os seres humanos. Como outras persoas naquel tempo pagou coa sua vida por defendelos.Este libro trata de mostrar a sua forza como persoa, como investigadora e como muller e de reivindicar para a tradicion galega a sua memoria.