DELIOSe cadaquén usa a praza de garaxe para deixar nela o que lle saia dos... complementos directos, xa me dirás. Empezamos por aí e por onde acabamos, eh? Por onde acabamos? Pensa un pouco Nito.En 1998, no edificio en que vivia daquela, suscitouse unha viva polemica sobre se un propietario podia ter unha piragua na sua praza de garaxe.En 2007 o C.D.G. encomendoume escribir-dirixir unha peza. Aproveitei para dar saida por fin a unha vella teima: botar man daquela anecdota (real ainda que pareza ficcion) e utilizala como metafora sobre a inadaptabilidade aos cambios sociais. Con esa idea e a partir dese arranque argumental, propio dunha comedia, queria que o publico fose descubrindo que nunha das familias da comunidade de propietarios latexaba unha traxedia (ficticia ainda que ben real): a da violencia de xenero.
Inés de Castro, pertencente á poderosísima familia galega dos Castros (unha das que máis influíron na política dos reinos hispánicos cristiáns no século XIV), entrou en Portugal como dama do séquito de dona Constanza, infanta castelá prometida de don Pedro, infante de Portugal (futuro Pedro I o Cru). Namorados o infante e a Castro iniciaron unha relación, apartada pero pública e coñecida.Desaprobada esta relación polo rei de Portugal don Afonso IV (por razóns de inconveniencia conxuntural), este, por mor de complicadas lideiras políticas, manda asasinar a dona Inés, sacrificándoa a 'superiores razóns de estado'. Cando o infante don Pedro chega a rei fai recoñecer, 'post mortem', a Inés de Castro como raíña. Dona Inés xace como raíña (cabo de don Pedro I) nun magnífico monumento tumular no mosteiro de Alcobaça. Dona Xoana de Castro, irmá de dona Inés, que tiña selado un compromiso de matrimonio co rei de Castela Pedro I o Cruel (sobriño do outro Pedro I, o Cru), foi repudiada (por lideiras políticas non moi diversas das que provocaron a morte da irmá) na mesma noite de vodas. Estoutra Castro xace como raíña de Castela nunha tumba da Capela das Reliquias na Catedral de Santiago. Ata aquí, brevisimamente, a historia. Logo o mito, a xente que o forxou... e dous destinos de muller. Despois a metáfora... o teatro.
Elucubración escénica nun acto e un epílogo A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, un octoxenario Eduardo Pondal, corroído pola neurose no devalar da súa vida, enfróntase a medos, dubidas e insatisfaccions creativas ao redor da obsesion pola sua obra capital, Os Eoas, tendo como interlocutores un personaxe nado da sua perturbacion e a noviña criada da pension en que se aloxa.
Nesta publicación inclúense dúas obras de Cándido Pazó: Binomio de Newton, gañadora do Premio Max no 2003, e García, que acaba de recibir o Premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal, na actualidade en cartel por toda Galiza. Binomio de Newton, mostra a vida de dous seres inmaturos que foxen do compromiso e se achegan perigosamente ou pasan da idade da madurez. A imposibilidade dos afectos, o hedonismo ou inmobilismo vital son algunhas das cuestions sobre as que reflexionan os protagonistas, sen que falte o humor tan habitual en Candido Pazo na autentica esgrima de dialogos coa que se define esta obra. Coa historia de Garcia, herdeiro do Reino de Galiza, Candido Pazo somerxenos nas "emocions e nas claves que levan a unha persoa a afacerse a vivir preso, nun carcere familiar, laboral, sentimental... e mesmo a definir a aquelas sociedades que atopan conforto na propia derrota". Rodrigo, vasalo e amigo do rei Garcia, introducese no castelo no que este esta preso para liberalo, ainda que lonxe de conseguir os seus proxectos co que se atopa e cun monarca vencido e resignado ao seu presidio.
O proceso recrea a causa xudicial á que foi sometido Curros Enríquez pola publicación de Aires da miña terra.Apaga o candil retrata a atribulada vida e divertida obra de Carlos O Xestal. O Xestal e Curros en duas pezas teatrais nun mesmo volume? Que elo pode haber entre eles? A cultura popular. En cadanseu ambito, e ao seu xeito, os dous beben das augas da tradicion oral galega: Curros tecendo moito do seu universo poetico a partir de historias, lendas e ditos que corrian de boca en boca, elevando eses humildes materiais a categoria de escrita fundacional. O Xestal dando pulo e continuidade a unha oralidade herdada, recollida por el nos mais enxebres foros: fiadas, romarias, mallas e noites na lareira. Sendo el mesmo, no seu oficio de conteiro, axente vivo de literatura oral.Figuras controvertidas, cada unha coas suas vicisitudes, ricos personaxes teatrais que, de seguro, gustarian da sua reciproca compaña.