O cosmos poético de Antre dous séculos xira ao redor dunha Galicia rural que se olla a través da súa paisaxe, unha Galicia folclórica poboada de tópicos costumistas, agarimosa e fermosa, que Álvarez Limeses humaniza, pero onde non falta a preocupacion social na denuncia da inxustiza, a pobreza, a fame e a miseria do labrego, con quen o poeta se amosa solidario.Este poemario, con prologo de Castelao, deu nome a chamadaxeracion de entre dous seculos, e que agrupaba os escritores galegos nacidos entre 1869 e 1879, protagonistas da transicion da literatura galega no cambio de centuria, entre os que estaban, ademais de Alvarez Limeses, Noriega Varela e Cabanillas.