Os protagonistas deste relato son unha panda de tres nenas e dous nenos. O seu lugar de reunión, o Refuxio, é o baixo dunha casa deshabitada.Nuns días instalan no Refuxio unha oficina chamada CPIF, Centro de Promoción de Iniciativas Fantásticas. Decidense a chamar. Ábrelles Ana, invítaos a pasar e explícalles que o seu traballo é procurar que se fagan realidade os desexos da xente. Os da panda cren que a muller está burlándose deles. De repente Ana comeza a elevarse e queda flotando no aire, á altura do teito. Así, os cinco acaban crendo nos poderes daquela muller. De alí a uns días, Ana dilles que lles vai cumprir tres desexos. Eles, despois de pensalos, pídenlle que na cidade volva haber árbores, que regresen os paxaros e que nunca máis sexan negras nin grises as palabras da xente.Coa intervención de Ana, a panda consegue que volvan medra-las árbores mesmo por riba do asfalto, que os paxaros veñan á cidade atraídos pola grande cantidade de árbores que hai nela e o terceiro desexo xa se cumpre sen a intervención de Ana, porque a xente comeza a estar alegre e feliz naquelas rúas cheas de árbores e paxaros.
Este libro de poesía foi escrito ó longo dos anos 1949-1950, e publicado por primeira vez no ano 1950. Trátase dun conxunto de poemas que o autor lle dedicou á súa prímeira filla cando era pequeniña. Toda a temática dos poemas xira ó redor da relación dos país-adultos coa filla-nena que pouco a pouco vai descubríndo o mundo. Versos nacidos de sinxelas experiencias cotiás, que Xosé Mª Álvarez Cáccamo, fillo do autor, conta así: Por iso o libro, que ao principio tampouco non tiña nome, chamouse Roseira do teu mencer. O mencer de Colorín, os seus prímeiros días e meses de luz, está relatado aquí en versos pequenos que son para cantar. Sentiremos como chora a pobre nena perseguida polas galiñas e como vai procurar acougo no colo do pai. Pero logo, nunha mañá preciosa de sol, saen os tres felices ao campo para apañar flores e os caracois póñenlle un camiño de seda a Colorín para que pise entre as herbas sen mancar os pés (...). O pai escorrentaba as cousas grandes que lle puñan medo a Colorín: a chuvia, a neve, o vento, o arco da vella. E logo baixaban os dous á praia, que quedara limpa de sombras e branca coma azucre, a facer casas de cunchas (...). Estas e outras aventuras de Colorín canta don Xosé Mª Álvarez Blázquez, o pai dela e meu, na Roseira do teu mencer. No libro tamén se recollen seis poemas que non pertencen a Roseira do teu mencer pero merecedores de estar nesta obra.