"Esta guía percorre a ruta botánica, ó longo de dous quilómetros por Campus de Lugo. Con ela na man, o noso Campus mostra un aspecto absolutamente diferente. O paseo convértese nun exercicio didáctico, nunha aventura de descubrimentos botanicos para o profano, para o estudoso e mesmo para quen a botanica non garda segredos.O Campus de Lugo ofrece a sua riqueza de especies europeas, americanas e incluso africanas ou de Oceania, entre as que podemos atopar algunhas hibridas, produto das practicas de xardineria. Levan tempo ai, agardando a mirada e a clasificacion por parte dos expertos e agora, grazas o esforzo conxunto da USC e a Deputacion de Lugo, esas singularidades adquiren protagonismo e, polo tanto, un novo valor. O valor da diferenciacion grazas o coñecemento.Nestas paxinas proponse unha ruta, a mais accesible, pero o pasear polas mais de 34 hectareas e media que ocupa o noso Campus decataremonos de que non e o unico recuncho verde por descubrir da provincia. Con mais do 50 % do seu territorio declarado Reserva da Biosfera pola Unesco, en Lugo poderemos imaxinar e inventar novas rutas cada dia"