Perder o medo e un exercicio inútil de soberbia porque sempre nos rolda. É unha falta de respecto. Nesta obra rendese homenaxe a algúns deses seres que levan dando medo durante moitos seculos e hoxe vagan polo noso esquecemento. A natureza aparece como protagonista, pois pon o escenario, a luz e os personaxes principais no seu deambular polas nosas almas. Nas encrucilladas acotio moitos ollos presencian, e logo contan, o que acontece. Feitos extraordinarios narrados dun xeito sinxelo, directo e coloquial.
Cando un ousado libro quere transcender, busca o xeito de narrar unha historia épica. Poucos hai tan impetuosos coma este. Nas súas páxinas é el o protagonista. O libro dentro do libro. E, xunto a el, unha nena valorosa. Unha aventura onde a natureza, o misterio e as emocions se abren camiño a cabalo da afouteza da pequena Eire. O amor desta nena pola sua xente vaina levar tan lonxe que lle sera dificil atopar o camiño de volta.