Bearn o La sala de les nines és lobra més reexida de la narrativa de Llorenç Villalonga. Dins un marc de possbles ressons autobiogràfics i a través duna llarga carta escrita per Joan Mayol, capellà d
Son trece as pezas de Llorenç Villalonga (1897-1980) que, baixo o título de Desbarats, se editaron conxuntamente en 1965 en Ciutat de Palma. Da primeira parte seleccionamos aquelas pezas (A marquesa disponse a ir ao teatro,A visita da Infanta, Economia en 1940 e Estiveron moi perto) que, pensamos, son mais doadamente representabeis sen por iso deixaren de ser ilustrativas do xenero que nace e morre en Villalonga. Da segunda parte, ao estar xa traducida ao galego A Tuta e a Ramoneta, presentamos aquela que mellor parodia o teatro do absurdo: Alta e Benemerita Señora.A pregunta de como definiria este tipo de teatro de que a revista Primer Acto publicaba en 1969 varias pezas -¿Teatro do absurdo? ¿Humor negro? ¿Esperpento? ¿Critica sutil da sociedade?-, o invulgar e voltaireano autor da novela Mort de Dama respondeu:"Definoo como un desbarato, consoante ao titulo do volume. Non era a miña idea facer metafisica. Ora ben, polo mesmo que non tentei sentar ningunha tese nin xulgar ningunha das miñas personaxes, que son como as fixo Deus, ou o Diabo (punto dificil de aclarar), o lector estara no seu dereito de tirar delas cantas teses Ile parezan".