María Besteiros (Vigo) é doutora en Filoloxía Galega cunha tese sobre as representacións da maternidade en autoras galegas contemporáneas (2015). Tamén é auxiliar técnica veterinaria. No ano 2003 conseguiu o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do Concello de Dodro con zoonose. Publicou en obras colectivas e autoeditou o libro-obxecto Nin pombas nin flores (2015). En 2022 publicou o poemario A lista da compra. Na actualidade dedícase á corrección e creación de contido para distintas empresas. Con Ítaca (Xerais, 2025), a súa primeira novela, logrou ser finalista do XLI Premio Xerais de Novela.
Recibe novedades de María Besteiros directamente en tu email
Penélope é unha muller de corenta e cinco anos que vive co seu home, Ulises, e o seu fillo adolescente, Telémaco, no ano 2024. Forman unha familia convencional que un día recibe a inesperada noticia de que ela esta embarazada. Tras o impacto inicial, nai e fillo comparten ilusion e preparativos para recibir o novo membro da familia, ante a aparente indiferenza de Ulises, os prexuizos sociais e o estrito seguimento medico. En Itaca, a sua primeira novela, finalista do Premio Xerais, Maria Besteiros emprega un estilo lirico pero contundente para enfrontarnos a desesperacion dunha nai que vive por inercia e que se sente incapaz de actuar e decidir. Neste caso e ela, Penelope, quen emprende unha viaxe para atopar os fios invisibles que tecen a sua propia identidade e transformar a sua vida cun unico obxectivo: sobrevivir.