FUND. PEDRO BARRIE DE LA MAZA, CONDE DE FENOSA 9788495892607
Os dicionarios de frecuencias acadaron un notable nivel de desenvolvemento en case todas as linguas na segunda metade do século XX. O coñecemento da frecuencia do léxico é fundamental para a axeitada planificacion do ensino das linguas, para a redaccion dos libros escolares adaptados a cada nivel, para aplicacions de tecnoloxias da fala, para a actualizacion dos dicionarios, para o deseño de xogos, para aplicacions terapeuticas de pacientes con problemas de fala etc. O galego non contaba ainda con ningunha obra deste tipo. Estamos xa que logo ante un traballo pioneiro, que ten o merito de engadido de ser realizado por unha soa persoa, esforzo sobresainte se pensamos que a autora se tivo que enfrontar a lematizacion manual e a etiquetaxe gramatical de mais de dous millons de formas extraidas de textos escritos e orais