Ao sabor do texto. Estudos dedicados a Ivo Castro é unha obra coral que recolle preto dunha trintena de achegas referidas á historia da lingua, a gramática diacrónica e a edición de textos referentes tanto ao galego como ao portugues (europeo e brasileiro), cun limite temporal nos finais do seculo XVIII. As devanditas liñas tematicas constituen ambitos de traballo nucleares no curriculo do homenaxeado. Ao seu cultivo no presente volume contribuen algunhas das voces mais representativas da filoloxia galego-portuguesa dos nosos dias. A iniciativa de erguer este humilde monumento a un dos referentes vivos da filoloxia portuguesa, sabio sobranceiro e maxistral historiador da lingua, xurdiu dun grupo de investigadores do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Ofrecese ao publico como expresion do recoñecemento ao papel de Ivo Castro canto facilitador de contactos persoais, colaboracions cientificas e trocas academicas entre pesquisadores do norte e o sur do rio Miño e dunha banda e outra do Oceano Atlantico
FUND. PEDRO BARRIE DE LA MAZA, CONDE DE FENOSA 9788495892249
Esta obra colectiva, que titulamos (Dis)cursos da escrita, é unha viaxe ao longo da historia da lingua galega, con trinta e unha paradas escolmadas polos autores desta monza de traballos. O libro esta dedicado a Fernando R. Tato Plaza (1962-2000), profesor de filoloxia galega na Universidade de Santiago de Compostela e investigador no Instituto da Lingua Galega, e reune un nutrido grupo de coñecidos investigadores entre os compañeiros e amigos que partillaron con el moitas preocupacions e moitas arelas, incluso mais ala das estritamente filoloxicas. O percurso comprende todas as epocas, desde toda a amplitude do arco medieval, pasando polos seculos escuros aos inicios do rexurdimento no sec. XIX, e chega ata a mais estrita contemporaneidade.A maior parte dos traballos afonda na historiada escrita do galego, ben revisitando problemas ecdoticos ou de xenese textual, ben presentando novos textos ineditos, ben revisando lecturas, datacions, autorias..., ou ben propoñendo traballos puntuais sobre aspectos gramaticais da lingua antiga. Unha parte importante ocupana os capitulos de onomastica, tanto antroponimica coma toponimica, co foco posto en distintos momentos da nosa historia, desde o trazado das vias romanas aos nosos dias. Outros, finalmente, deteñense na presencia do galego en ambitos de uso que non lle viñan sendo propios ou na variacion linguistica interna. Pechase a obra cunha guia completisima de fontes para o estudo do galego medieval, da que e coautor o homenaxeado e que seguia inedita.